Confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2018 e, se actualiza, con efecto 1.1.2018, a contía das retribucións

13 de xullo de 2018

"publicado no DOG"

O artigo 18 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 establece que, para o ano 2018, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 1,5 % respecto as vixentes en 31 de decembro de 2017, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade.

Establece, ademais, que se o incremento do produto interior bruto (PIB) a prezos constantes en 2017 alcanzase ou superase o 3,1 % engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2018, outro 0,25 % de incremento salarial. Este incremento será de aplicación unha vez que se aprobe mediante Acordo do Consello de Ministros e se dea traslado as comunidades autónomas.

Na medida en que a referida aprobación e comunicación non tivo lugar, esta orde recolle a variación nas condicións retributivas que se establecen nos orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, na contía do 1,5 % con efectos do 1 de xaneiro de 2018.

Posteriormente, realizarase a actualización desta orde para a aplicación desde o 1 de xullo de 2018 do incremento adicional do 0,25 %.

Ligazón DOG 13 7 2018


PREME PARA AMPLIAR

PREME PARA AMPLIAR

PREME PARA AMPLIAR

PREME PARA AMPLIAR