AXG-CUT renuncia dende sempre ás subvencións

3 de xullo de 2018


No día de hoxe, observamos con sorpresa como un sindicato se erixe como o único que non pide subvencións.


 No BOE do sábado, 16 de xuño, aparece publicado o extrato da resolución pola que se convocas subvencións para as organizacións sindicais en proporción á súa representatividade para o exercicio do ano 2018.

Unha información, sendo certa, deixa de ter "lexitimidade" cando se oculta parte da mesma.
Nos estatutos de ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT prohíbese taxativamente recibir ningunha subvención da patronal (neste caso, a Xunta de Galicia).

AXG-CUT non considera coherente, e moito menos asumible, recibir diñeiro dos mesmos cos que negociamos e contra os que moitas veces nos mobilizamos.

Entendemos, e tal é a esencia deste sindicato, que a única forma de financiamento COHERENTE coa defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras e do propio sindicalismo é a AFILIACIÓN.

Ligazón á noticia - Subvencións: non morden a man que lles dá de comer (13 xuño 2018)