EGAP: convocado curso de prevención de riscos laborais na Coruña

9 de agosto de 2018

"publicado no DOG"
  
RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2018 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. 


ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Persoal que presta servizos nos seguintes centros da Coruña:

– Edificio Administrativo da Coruña.

– Xulgados da Coruña.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

A actividade formativa realizarase cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada este curso se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web PREME AQUÍ.


Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo    PREME AQUÍ   desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Ligazón ao DOG 9.8.2018