Nova ferramenta para fichaxe KRONOS nas cidades de Pontevedra e Vigo

24 de setembro de 2018

"publicado na intranet"

A partir do luns 24/09/2018 estará dispoñible unha nova versión de KRONOS instalada nos equipos informáticos nas seguintes sede xudiciais: Pontevedra Vigo.    
A partir do próximo 24/09/2018, as persoas que pertenzan ás sedes xudiciais arriba indicadas e que utilizan actualmente KRONOS deberán utilizar esta nova versión para realizar as súas fichaxes de entrada e de saída.


A esta versión non se accede a través da intranet de Xustiza, é dicir, non se executa no navegador web. Para acceder, deben facer dobre clic sobre unha icona do seu escritorio.

A nova versión utiliza os mesmos datos ca a anterior e o seu uso non supón ningún cambio na lóxica de funcionamento do sistema de fichaxe; trátase unicamente dun cambio técnico.

Dispoñen de toda a información, manual de usuario, así como as preguntas frecuentes relacionadas coa ferramenta, na seguinte ligazón: http://intranet.xustiza.gal/web/d.x.xustiza/kronos.

 Se detectan calquera erro coa ferramenta ou se non atopa a icona instalada no seu equipo, pregámoslle que se poña en contacto co CSU de Xustiza polas canles habituais para solucionalo o máis axiña posible. Se o erro detectado lle impide fichar, pode utilizar excepcionalmente a versión web que viña utilizando ata o de agora. Moitas grazas pola súa colaboración.