Reunión mantida en Inspección de Traballo A Coruña

28 de setembro de 2018

No día de onte mantívose unha reunión en Inspección de Traballo na Coruña co fin de tratar a situación do edificio dos Xulgados de Santiago de Compostela. 

Entre as medidas para realizar, podemos destacar:
  • Practicarase un simulacro de evacuación no edificio. Unha vez practicado, a Administración deberá remitir un informe sobre o seu resultado a Inspección de Traballo.
  • No edificio xudicial van acometer obras de iluminación e climatización. O prazo previsto para a súa adxudicación estímase nuns dous meses e o período de realización das mesmas será entre catro e seis meses. 
  • As cadeiras defectuosas serán repostas de forma inmediata. 
  • As bandexas inferiores, situadas nas mesas d@s traballador@s e que serven para apoiar o teclado serán retiradas de xeito inmediato, fóra da mesa dunha traballadora que manifestou o seu desexo de traballar con ela. 
  • Os PVD deberán ser cambiados de orientación nas mesas a fin de que @s traballador@s poidan realizar o seu traballo sen a molestia dos reflexos. É obriga da Administración remitir á traballadores información sobre este extremo, indicando cal é a posición correcta para o PVD, os problemas que carrexa en caso do seu mal uso, etc.
  • Así mesmo, cambiaranse as bases ou soportes dos PVD para que @s traballador@s poidan regular de forma óptima a altura das pantallas segundo cada caso concreto, pois en ocasións, para poder regular a súa altura, han de colocar paquetes de folios debaixo dos monitores. 
  • Por parte da Dirección Xeral de Xustiza, e de forma urxente, colocaranse regletas e pasacables en espiral nas zonas de traballo e de paso nas oficinas xudiciais
  • Á traballadora que o solicitaba, remitiráselle o repousapés.
  •  De igual modo, a Inspectora de traballo advirte á Administración que, cando se acometan os traballos de iluminación que se han de realizar no edificio xudicial, a norma para seguir para as medicións lumínicas será a guía e non o real decreto.
  •  Procederase á substitución duns 300 estores.
 Por parte da Administración ponse de manifesto que o inicio destes cambios que teñen carácter urxente acometerase a próxima semana.