Novo sistema de mensaxaría instantánea

17 de outubro de 2018


"publicado na intranet"

Nos vindeiros días procederase á instalación dun sistema de mensaxaría instantánea nos equipos informáticos do posto de traballo.
 Por parte do CSU de Xustiza faremos uso dela para comunicar información relevante en canto á actividade de soporte sobre o equipamento TIC e os sistemas de información. Queremos destacar que estas comunicacións non serán individuais, senón que están destinadas a grupos predefinidos no sistema.

Outra característica destas mensaxes é a de que serán de difusión unidireccional, é dicir, esta nova canle de comunicación non estará activa para a comunicación co CSU. Porén, os usuarios do sistema teñen a posibilidade de comunicarse bidireccionalmente uns cos outros.

Para poder facer uso dela será necesario seguir as indicacións da mensaxe que aparecerá en pantalla para completar a instalación.

Para máis información pode contactar co CSU de Xustiza a través das canles habituais.

Moitras grazas pola colaboración.