Persoal interino: Alta no sistema Notific@

25 de outubro de 2018


"publicado na intranet"

No día de hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a Orde do 4 de outubro 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. 

 A citada norma entra en vigor aos 15 días da súa publicación no DOG.
A disposición adicional terceira da citada norma establece que: "O persoal interino e as persoas que figuren incluídas nas bolsas de traballo e de reserva estarán obrigados a relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, así como a recibir por medios electrónicos as notificacións e comunicacións que se lles dirixan, para o que deberán formalizar as correspondentes altas nos sistemas habilitados pola Administración para estes efectos. 
 Para dar cumprimento ás obrigas derivadas desta orde, tanto o persoal interino que estea prestando servizos coma as persoas que figuran incluídas nas vixentes bolsas de traballo e reserva disporán do prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta norma no Diario Oficial de Galicia, para formalizaren a alta no sistema Notific@. Finalizado o dito prazo, a Administración creará de oficio o enderezo habilitado único daquel persoal que non tramitase a alta no sistema Notific@." 

 Poderase dar de alta no Notific@ neste enderezo: https://notifica.xunta.gal