Recuperación dos tres días de asuntos particulares e do 100% do salario total en caso de baixa por IT

5 de outubro de 2018

O día 3 de outubro tivo lugar a Conferencia Sectorial da Administración coa intervención da Ministra de Xustiza e os máximos responsables das CCAA con competencias transferidas.

O Ministerio de Xustiza trasladou ás CCAA con competencias transferidas que aceptará a recuperación do 100% do salario total en caso de baixa por IT cos mesmos efectos que se acordou para a Administración Xeral do Estado e instou as CCAA a que fagan o mesmo nos seus ámbitos. 

O Ministerio tamén deu traslado ás CCAA que a mediados do mes de decembro se aprobará a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial para a recuperación para todo o personal da Administración de  Xustiza de toda España dos tres días de asuntos particulares.

Estes días poderánse disfrutar con cargo xa a este ano 2018 e poderase ampliar o período de disfrute dos mesmos máis alá do 31 de xaneiro de 2019.