Peche da fase do plan de recuperación iniciado o 15/10/2018

13 de novembro de 2018

"Publicado na intranet"

O próximo xoves, día 15 de novembro, finaliza a fase do plan de recuperación que se iniciou o día 15/10/2018 nestes órganos: todos os xulgados de 1ª instancia, todos os xulgados do social, todos os xulgados mercantís, xulgados exclusivos de violencia sobre a muller de A Coruña e Vigo, Oficina de Rexistro e Reparto do TSXG de A Coruña, Servizo Común de Notificacións e Embargos de A Coruña) .
Non obstante, os xulgados de familia, os que levan as cláusulas chan e os de violencia sobre a muller exclusivos iniciarán unha nova fase, que abranguerá do 16/11/2017 ao 16/12/2018.


O persoal voluntario dos mencionados xulgados que desexe continuar co plan nesta nova fase primeiro deberá pechar e enviar telematicamente o parte de actividade correspondente ás horas extra realizadas no período comprendido entre o 15/10/2018 e o 15/11/2018, e despois, para facer constar as horas realizadas no segundo período, comprendido entre o 16/11/2017 e o 16/12/2018, deberá abrir un novo parte. O máximo de horas a realizar en cada un dos períodos é de 20.