EGAP: convocatoria de cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico

19 de febreiro de 2019

"Publicado no DOG"

Por resolución do 5 de febreiro de 2019 se convocan cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse dous cursos en materia de prevención de riscos laborais.

Ligazón ao DOG


O prazo de presentación de solicitudes será do 20 ao 28 de febreiro de 2019.