AXG-CUT esixe á Xunta o ingreso na nómina de marzo dos incrementos retributivos logrados e dos trienios @s traballadores en situación de IT

8 de marzo de 2019


A actitude "exemplarizante e discriminatoria" de DXX c@s traballador@s da xustiza galega continúa. Despois de sufrir durante meses e meses os recortes brutais nas súas nóminas por mor de "querer estar enferm@s", os compañeiros en situación de I.T. seguen, un mes máis, sen cobrar o incremento retributivo do 2019 nin os trienios cumpridos nese periódo.



O pasado 30 de xaneiro AXG-CUT presentamos escrito por rexistro esixindo o cumprimento do artigo 504.5 da LOPX, en vigor desde o 18 de xaneiro.

Preme para ampliar

Preme para ampliar