Documentación-guías para o desempeño do posto de traballo

15 de marzo de 2019

"publicado na intranet"

No día de onte 14/03/2019 publicouse na intranet o seguinte:

No apartado Formación, premendo en Comunidade Virtual da Aprendizaxe (CAV) - Documentación, incluíuse "Documentación sobre aspectos organizativos e transversais" útil para o desempeño do posto de traballo. Nesta sección incorporouse un "Curso de autoformación para novas incorporacións á Administración de Xustiza", onde atoparás documentos que explican os pasos a seguir para a realización de diferentes trámites procesuais. 
Pódese acceder a eses contidos descargando o documento que aparece á dereita do título de cada un dos módulos e, dende el, abrir as distintas fichas formativas.