A DXX esquece que existe o Comité de Seguridade e Saúde

17 de abril de 2019


ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT ven de denunciar ante Inspección de Traballo a infracción no comprimento do establecido no Regulamento e insta a INSPECCIÓN DE TRABALLO a adoptar as medidas oportunas.

Na reunión mantida en Santiago de Compostela entre a DXX e as OOSS con representación o día 21 de outubro de 2016, data de constitución  do COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL, e cuxo artículo 4.5.1 do regulamento (no que se establece o réxime de funcionamento e os tipos e periodicidade das reunión) figura:

"o comité de seguridade e saúde laboral da administración de xustiza reunirase en sesión ordinaria TRIMESTRALMENTE. Tamén se pode reunir en sesión extraordinaria sempre que o convoque o seu presidente por iniciativa propia ou a pedimento dunha das partes, en en particular do Servizo de Prevención de Riscos Laborais".

Dende o 21 de outubro de 2016 só houbo TRES REUNIÓNS (malia abarcar un período de 3 ANOS - nos que cumpría ter DOCE, aparte das que tivesen carácter extraordinario).




PREME PARA AMPLIAR


PREME PARA AMPLIAR