Os xulgados do penal de A Coruña non podrán recuperar o traballo acumulado da folga

28 de maio de 2019


Un ano despois do remate da folga indefinida na xustiza galega, que durou tres meses, como consecuencia da prepotencia do conselleiro Alfonso Rueda e que rematou con un acordo asinado por menos do 40% dos representantes d@s traballador@s e en contra da vontade de máis do 50% do colectivo, que nas votacións realizadas nos centros de traballo dixo “NON” ao acordo, a situación en órganos xa saturados de por sí é máis grave. 

Xa no seu día, dende ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT advertíamos do erro de aprobar un plan de actuación “cutre e moi limitado no tempo”, e, agora, á vista dos feitos, fanse realidade os nosos pronósticos. XA NON SON SÓ PLANS MÍNIMOS SENÓN ILÓXICOS E ARBITRARIOS, froito do descoñecemento e falta de interese por parte dos artífices dos mesmos. Máis, se temos en conta que son integrantes da comisión a Xunta de Galicia, o TSXG e teñen como elemento de traballo as estatísticas trimestrais do CXPX. A situación dos xulgados do Penal de Galicia foi sempre moi complicada: tanto pola falta de medios materiais e persoais como polas cargas de traballo que ven sendo denunciada por AXG-CUT, tanto nas mesas de negociación como nos medios de comunicación dende hai moito tempo. A materia de estes xulgados pode ser calificada como “sensible”: tráfico de drogas / violencia / alcolemias / condución temeraria / …


Preme para ampliar

Preme para ampliar