Xustiza en loita: dignidade e resistencia

31 de maio de 2018




"Na prensa"


Resultado de imagen de folga na xustiza
Protesta durante a folga








El comité de huelga de los funcionarios de la Administración de Justicia de Galicia ha decidido hoy desconvocar el paro, que acumulaba 114 días naturales consecutivos, 117 en total, han informado a Efe fuentes sindicales.

Comunicado do comité de folga

Na reunión mantida na mañá de hoxe en Santiago de Compostela polo Comité de Folga, integrado por Alternativas na Xustiza-CUT, STAJ e CIG, redactou un comunicado no que, por maioría, e despois de 114 días, acordou desconvocar a folga indefinida iniciada o día 7 de febreiro e preavisada o día 11 de decembro de 2017:


MUXEXU: novos impresos na área de afiliación e colectivo


"publicado na páxina web de muxexu"

Na páxina web da MUXEXU  actualizaron os impresos da área de afiliación e colectivo, para adaptarlos ao convenio MUXEXU e a AEAT de intercambio de datos en materia tributaria, e á nova normativa de protección de datos.

Podedes consultar e descargar os impresos na área de afiliación e colectivo  desta páxina web e tamén no apartado de impresos.


"Inspeccións sorpresa" da Xunta de Galicia aos xulgados

30 de maio de 2018

Dende 1996, data da transferencia da Administración de Xustiza á Xunta de Galicia as inspeccións aos xulgados por parte da propia Xunta de Galicia non existiron, salvo para algunha presentación para os medios de comunicación.

O acordo da infamia e a traizón

"publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 24 de maio 2018 polo que se aproba o acordo acadado o 23 de maio de 2018 entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO., para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.



Funcionarios da Xustiza denuncian "represión da Xunta" polo expediente a dous delegados sindicais

29 de maio de 2018

"Na prensa"
actualizado: 22:00 horas.


Funcionarios de justicia se concentran en Vigo
Concentración en Vigo
AXG-CUT denuncia "inspeccións sorpresa" e "con fin revanchista" da Xunta nos xulgados.

Concentracións solidarias de traballador@s contra a apertura de expedientes sancionadores contra dous delegados sindicais e traballador@s do rexistro civil de Vigo.

Queremos agradecer a presenza dos traballadores e traballadoras que amosaron nas concentracións toda a súa solidariedade cos dous delegados sindicais que teñen abertos expedientes sancionadores por exercer a súa función sindical e c@s traballador@s do rexistro civil de Vigo, que tamén teñen expedientes abertos.

Compre salientar tamén a "ausencia" dos delegados sindicais das organizacións sindicais que negociaron ás costas d@s trababallador@s

Nos despachos oficiais, negociando por detrás do comité de folga e d@s traballador@s non se abren expedientes. O trato é, nese entorno, moito máis distendido: tal e como dixo A.Rueda: "Se sentían cómodos".


A Coruña

Comunicado da Dirección Xeral de Xustiza: solicitude de NON PRORRATEO dos descontos da folga

28 de maio de 2018

"publicado na intranet"

Na seguinte ligazón (MODELO DE SOLICITUDE) ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que NON desexe acollerse ao rateo dos descontos por xornadas de folga pendentes de aplicar na nómina.

A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro xoves 31 maio de 2018.


Deficiencias no xulgado de paz de Pontedeume e a promesa incumprida do alcalde para solucionalas

"Publicado en prensa"
actualizado 29.05.2018: 11:00 horas


Iluminación do Xulgado.

En el juzgado de Paz, las instalaciones son tercermundistas en comparación con el resto de las oficinas municipales que se encuentran en el mismo edificio (los departamento de servicios sociales o las dependencias municipales emplazadas en la planta baja) sito en la Avenida del Muelle.

"Medios e esforzos" para recuperar o traballo

27 de maio de 2018

"Na prensa"


Resultado de imagen de folga xustiza

Cadenas apuntou que na "primeira aproximación" para definir o plan de recuperación do traballo "o único que se deixou claro" é que, antes de profundar nas medidas a seguir, é preciso coñecer "a situación de cada órgano neste momento", sendo os "máis afectados" os da xurisdición social e penal.

O presidente do TSXG reclama "medios e esforzos" para recuperar o traballo dos xulgados após o fin da folga
Ligazón á noticia - Galicia Confidencial

El presidente del TSXG reclama "medios y esfuerzos" para recuperar el trabajo de los juzgados tras el fin de la huelga
Ligazon á noticia - Europa Press

Cadenas reclama "medios y esfuerzos" para recuperar el trabajo de los juzgados tras el fin de la huelga


Represión e abuso de autoridade: AXG-CUT fue señalado por el vicepresidente de la Xunta como un "sindicato radical" y es el único que tiene un expediente disciplinario

25 de maio de 2018

"Hoxe nos medios"
actualización: 26.5.2018 - 12:00 horas


Vídeo da agresión - preme na imaxe-


Alternativas na Xustiza-CUT ha denunciado la "represión y abuso de autoridad" contra sus sindicalistas mediante la apertura de un expediente sancionador a uno de sus delegados, y también que este viernes, a la entrada de un acto en el que participaba el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, una delegada "fue derribada" por uno de los "acompañantes" del jefe del Ejecutivo.

As patas curtas da mentira


Publicada a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura

24 de maio de 2018

"publicado na intranet"

Publicada con data 23 de maio a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.
Poden consultar a información na resolución de  ADXUDICACIÓN DE POSTOS .

Plan anual de vacacións 2018

"publicado na intranet"

 A Dirección Xeral de Xustiza aprobou o Plan anual de vacacións 2018 para o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza (corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial), en servizo activo, que presten servizos na Administración de xustiza en Galicia.

Ligazón

A consumación da traizón

23 de maio de 2018

"Na prensa"

Firma del acuerdo con los sindicatos de la Xunta

Los tres sindicatos de justicia (SPJ-USO, UTG y CC.OO.) que se habían adherido a la oferta que el Gobierno gallego planteó en la mesa sectorial han firmado este miércoles el acuerdo. Este paso, previo a su aprobación por parte del Consello de la Xunta, facilita que se aplique "ya" en los puntos en que sea posible y que, en consecuencia, que los funcionarios perciban las mejoras salariales en su nómina de junio.

Concentración de traballador@s en Pontevedra en protesta polo acordo

Preme para ampliar

Nota informativa do comité de folga


Dende AXG-CUT, STAJ e CIG pensamos que a Xunta está xogando cos intereses dos traballadores e das traballadoras e ó mesmo tempo con aqueles que se prestaron a ese xogo dado que a día de hoxe seguimos sen ter nada de maneira oficial nin legal.

Reunión do comité de folga

22 de maio de 2018

"En prensa"



Os sindicatos do comité de folga de xustiza valorarán impugnar a sinatura do acordo entre Xunta e tres sindicatos

21 de maio de 2018

"publicado en Galicia Confidencial"

Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia

O comité de folga de xustiza anunciou a convocatoria dunha reunión para este martes en Santiago na que, entre outras cuestións, prevé analizar se se impugna a sinatura do acordo que derive da decisión de tres sindicatos (SPJ-USO, CC.OO. e UXT) de aceptar a oferta da Administración autonómica.

"Soy sindicalista ... y he pecado"


Carta dunha funcionaria de xustiza:

Soy una funcionaria de la Administración de Justicia de Galicia y hoy quiero confesar que he cometido un pecado…. Soy sindicalista (da igual el sindicato) y creo en el movimiento sindical.

DOG: Orde deixando sin efecto os servizos mínimos

"Publicado no DOG"

ORDE do 18 de maio de 2018 pola que se deixa sen efecto a Orde do 5 de febreiro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida a partir do día 7 de febreiro de 2018 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.

Artigo único
Deixar sen efecto os servizos mínimos determinados mediante a Orde do 5 de febreiro de 2018, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 26, do 6 de febreiro), dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida a partir do día 7 de febreiro de 2018 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


Despois de 101 días: NON É NON!! - Hoxe consumouse a traizón

18 de maio de 2018


"Na prensa"


Mobilización do persoal de Xustiza en Pontevedra


A Xunta de Galicia rexeitou este venres prorrogar o prazo para decidir sobre a oferta que realizou aos sindicatos de Xustiza, logo de que a central maioritaria no sector, SPJ-USO, solicitase unha prórroga ata o vindeiro mércores 23 de maio para consultar o conxunto de persoal sobre a proposta presentada na mesa de negociación e que é idéntica á que rexeitou o persoal en votación. O Goberno deu un ultimato ate este venres para aceptala; de non facelo, di sentirse "liberado" de calquera compromiso anterior.

Ante esta negativa, o sindicato maioritario USO aceptou esta última proposta da Xunta e adheriuse ao preacordo presentado o 26 de abril e que o persoal desbotara na consulta do 27.

100 días de folga na xustiza e así está a situación

"Publicado en Galicia Confidencial"

Resultado de imagen de folga xustiza


O conflito da xustiza segue formalmente aberto á espera do que ocorra este venres, data na que culmina o prazo que, en mesa sectorial, deu a Xunta aos setes sindicatos do sector para que lle comuniquen se se adhiren á súa última oferta ou non. Se non o fan, advertiu que se sentirá "liberada" de calquera compromiso e adoptará a decisión que corresponda para pechar formalmente o conflito.

Á espera do que ocorra este venres, Alternativas na Xustiza-CUT, CIG e STAJ xa avanzaron que para as súas organizacións é "válida" a votación dos traballadores, que rexeitaron por maioría a proposta que a Xunta mantén invariable, polo que non se senten interpelados polo ultimato da Administración.

Ligazón á noticia completa

O conflito da xustiza continúa

17 de maio de 2018


"Resumo de prensa"

Tensa espera en el conflicto de la justicia

Rueda da la huelga de Justicia por finalizada y elimina los servicios mínimos

El conflicto de la justicia continúa

El personal judicial de Vigo mantendrá vivo el conflicto

Xustiza considera finalizada la huelga de los funcionarios

La Xunta da por finalizada la huelga de Justicia y elimina los servicios mínimos

Rueda da por acabada la huelga de justicia y retira los servicios mínimos

Tensa espera en el conflicto de la justicia




"A Xunta ten obrigación de negociar"

"Publicado en Galicia Confidencial"

Protesta en Vigo

En declaracións aos medios de comunicación, Javier Fernández, portavoz de Alternativas na Xustiza na Coruña, manifestou que a folga "nin se suspendeu nin se interrompeu". No entanto, admitiu unha baixada do seguimento que vinculou coa duración da folga e a necesidade dos traballadores de "recuperarse anímica e economicamente".

Por outra banda, considerou que a mesa sectorial non é "o foro adecuado" para a negociación. Ademais, sinalou que, coas protestas convocadas nesta xornada, queren "deixar claro" que a proposta aceptada polos sindicatos CC.OO., UXT, CSIF e SPJ-USO foi "rexeitada polos traballadores". "Para nós iso é un mandato imperativo", recalcou o portavoz de Alternativas na Xustiza-CUT para quen a Xunta "ten a obrigación de negociar co comité de folga".



"Non é non"

16 de maio de 2018

"Nos medios"



TVE

Dignidade, despois de 100 días, para sempre

"Na prensa"

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou que a partir da próxima semana non funcionarán os servizos mínimos decretados con motivo do paro indefinido dos funcionarios de xustiza. Ao seu xuízo, "xa non hai folga", polo que toca planear a recuperación do traballo aprazado e non "enredarse" nos "últimos trámites" previos a que se dea por finalizada formal e legalmente.

Rueda ratifica que "xa non hai folga de xustiza"

Rueda da la huelga de Justicia por finalizada y elimina los servicios mínimos

Rueda da por zanjada la huelga en la justicia
Ligazón á noticia - Europa Press

Rueda ratifica que "ya no hay huelga de justicia" y que la semana próxima no funcionarán los servicios mínimos


Concentracións en sinal de protesta pola actitude da Xunta de Galicia


Onte e hoxe @s traballador@s da administración de xustiza realizaron concentracións diante dos centros de traballo de A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo en sinal de protesta  pola actitude da Xunta de Galicia que no día de onte, 15 de maio de 2018,  en mesa sectorial presentou un DOCUMENTO IDÉNTICO AO NEGOCIADO NO SEU DÍA ÁS COSTAS D@S TRABALLADOR@S  por SPJ-USO, UGT, CSIF e CCOO, E QUE FOI REXEITADO EN VOTACIÓN POLA MAIORÍA DOS MESMOS. 

Preme en LER MÁIS para ver as fotos e os vídeos


Audio Pablo Valeiras: "A Xunta non dá un prazo, o que dá é a sentenza de morte para o venres ás dúas da tarde"

15 de maio de 2018



Resultado de imagen de cadena ser vigo


Ligazón ao audio

A Xunta dá un ultimato aos sindicatos da Xustiza para que acepten a oferta rexeitada en votación


"Na prensa"
actualizado 19:30 horas


Reunión de representantes de la Xunta con sindicatos de la Justicia.
Reunión da mesa sectorial en Santiago
O Goberno galego decidiu dar aos sindicatos da Xustiza un prazo de tres días que finaliza o venres ás 14.00 horas para que se adscriban á súa última oferta ou, pola contra, os representantes da Administración veríanse "liberados dos ofrecementos que se fixeron" e serían os seus órganos administrativos os que tomarían unha decisión para pechar o conflito.

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante a substitución entre titulares

"publicado na intranet"

Publícanse novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data do 15 de maio  de  2018.

Termina sen acordo un novo intento para poñer fin ao conflito na Xustiza galega


"Publicado en Faro de Vigo" 


Reunión de hoxe en San Caetano - Santiago

Xunta y sindicatos estuvieron reunidos durante poco más de una hora.

Concluye, nuevamente sin éxito, un nuevo intento para poner fin al conflicto de la Justicia gallega. La reunión Xunta - sindicatos terminó pasadas las 14.00 horas de esta tarde sin acuerdo.

La Xunta y los sindicatos se reunieron durante poco más de una hora en la mesa sectorial de justicia con el objetivo de avanzar en las negociaciones para poner fin al conflicto en el sector, que permanece en huelga indefinida desde el pasado 7 de febrero, un paro que fue "interrumpido" por el comité de huelga el pasado 9 de mayo.



Nova xuntanza entre a Xunta e as OOSS

"Na prensa"


Resultado de imagen de folga xustiza
DIGNIDADE E RESISTENCIA
A Xunta convocou para este martes ás 13 horas aos sindicatos con representación no ámbito da Xustiza. Faino para unha mesa sectorial, e non a través do comité de folga, malia que a maioría das centrais advertíronlle á Administración de que este intento por rematar coa folga sería "ilegal" ao prescindir do único interlocutor válido mentres o paro non se desconvoque.

A Dirección Xeral de Xustiza convoca así no edificio administrativo de San Caetano os once integrantes da representación sindical nesta mesa sectorial, que inclúe dous representantes de SPJ-USO, dous de AX-CUT, dous de UGT e outros tantos do CSIF e cadanseu de STAJ, CIG e CCOO.

Auxilio Xudicial OPE 2016

 "publicado no BOE"

Publicado no BOE de 14 de maio de 2018 a Orde JUS/488/2018, do 7 de maio, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos e anúnciase data, hora e lugar de celebración do primeiro exercicio do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/1164/2017, do 24 de novembro.

Ligazón ao BOE

Os sindicatos, dispostos con friccións a negociar o fin da folga de xustiza tras o ultimato dos funcionarios

13 de maio de 2018

"Publicado na prensa"

Protesta de funcionarios de xustiza en Ourense

Nuria Fornos (Alternativas na Xustiza), tras mostrarse "de acuerdo con los trabajadores", destaca que su colectivo "lleva tres semanas pidiendo que se reúna el comité y que se integren aquellos que se han ido porque es impensable que no sea así, ya hemos dado el paso". Fornos sostiene también que "cualquier solución pasa por sentarse", haciendo un llamamiento también al vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda.

Los sindicatos, dispuestos con fricciones a negociar el fin de la huelga de justicia tras el ultimátum de los funcionarios

Los sindicatos, sin el consenso que pide el personal de Xustiza


Comunicado de AXG-CUT

11 de maio de 2018

Alguns medios de comunicación puxéronse en contacto cos Sindicatos para dicir que:

A Xunta de Galicia pensa convocar aos Sindicatos á Mesa Sectorial para a semana que ven.

Se isto fora así a Xunta cometería unha GRAVISIMA ILEGALIDADE (salvo que 4 sindicatos ás costas desconvoquen a Folga)

Segúndo Decreto que regula a Folga está pode só pode rematar de tres modos (art. 8.2, 9 e 10 do Real Decreto-lei 17/1977):

A Xunta convocará unha mesa sectorial a próxima semana para pechar o conflito na Xustiza

As centrais sindicais sinalan que, mentres estea convocado o paro, o comité de folga é o órgano de negociación


A Xunta proporá aos sindicatos da Xustiza celebrar unha mesa sectorial a próxima semana para pechar o conflito no sector que permanece en paro indefinido desde o pasado 7 de febreiro aínda que o comité de folga acordou o pasado martes, día 9 de maio, a súa "interrupción". Diso informaron este venres fontes da Vicepresidencia da Xunta, que explicaron que, polo momento, aínda está por determinar o lugar e a data deste encontro.

Rueda, o Bárbaro

10 de maio de 2018

"publicado en luzes"

Por Antón Losada


Hai que felicitar de corazón a Alfonso Rueda, o vicepresidente do goberno galego. Non se poden destruír máis cousas en menos tempo e de xeito máis eficiente para conseguir absolutamente nada. Había rumores, pero xa é oficial. Por onde pasa o vicepresidente non volve medrar nin a herba, nin nada. Dende Conan o Bárbaro, non se tiña visto un poder de destrución comparable a este lado de mundo.

Alternativas na Xustiza-CUT consegue o traslado do Xulgado de Paz de Mugardos

Despois de máis de trinta anos nunha ubicación inaxeitada, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT consegue que o traslado  do xulgado de Paz de Mugardos a unhas  novas instalacións, onde non hai problemas de accesibilidade de ningún tipo e onde as compañeiras poden traballar en condicións dignas. Os contactos co Concello comezaron hai un ano. O resultado é o que se pode ver nas imaxes.

O PP quédase só en condenar no Parlamento a "un sector sindical" da folga na Xustiza

9 de maio de 2018

"publicado en galicia confidencial"

Resultado de imagen de folga xustiza
Membros do comité de folga en Ourense
BNG e En Marea acusan o Partido Popular de tentar "criminalizar" o paro e o PSOE denuncia "falta de interese" en solucionar o conflito.

O conflito da xustiza non desaparece, transfórmase


"publicado en sermos galiza"

greve xustiza

Após tres meses de paro a greve na administración de xustiza interrómpese mais sen desconvocarse. Un novo escenaio de loita, insisten desde sindicatos como CUT e STAJ, que apoian esta suspensión. Desde a CIG, porén, posiciónanse contra esa interrupción e propoñen un laudo arbitral. En todo caso, coinciden, a última palabra non está dita.

Comunicado do comité de folga

8 de maio de 2018

Comunicado emitido polo comité de folga, tras estar reunido no día de hoxe na cidade de Ourense:


PREME PARA AMPLIAR

A folga na Xustiza interrúmpese logo de máis de tres meses de paro

"Na prensa"

Dependencias xudiciais baleiras pola folga


91 días despois, os xulgados galegos volverán á normalidade. O comité de folga da Xustiza, no que participan activamente só catro do sete sindicatos do sector, decidiu "por maioría" —a CIG opúxose— suspender a folga "para buscar novas formas de presión" para a resolución do conflito, á vez que urxen á Xunta de Galicia a convocar a este órgano "o máis axiña posible".

Suspendida a folga na Xustiza tras un paro de tres meses

Suspendida, que non desconvocada, a greve na xustiza


"Na prensa"

Concentración esta segunda feira, cando se fai tres meses de greve.

Suspendida a greve na administración de xustiza, que esta segunda feira fai 3 meses. Así o confirmaron a Sermos Galiza fontes sindicais, que fan fincapé en que a greve non se desconvoca, simplemente se suspende ‘sine die’ para intentar chegar a un acordo.

Camiño da suspensión para unha negociación definitiva

7 de maio de 2018

"Na prensa"
Membros do comité de folga do persoal de Xustiza, no inicio da acampada ante San Caetano
Parte do comité de folga en San Caetano
A folga do persoal da Administración de Xustiza en Galicia cumpre este luns tres meses. 90 días de paro indefinido, con máis de 20.000 xuízos suspendidos, milleiros de trámites adiados e millóns de euros perdidos polos traballadores que o secundan nas súas nóminas. 

O conflito afronta a súa semana clave, cos sindicatos divididos pero sabedores, ao igual que a Xunta, que a corda non dá moito máis. Á espera, ambas partes, dunha negociación definitiva, as centrais maioritarias, STAJ e CUT, debaten xa en asembleas cos traballadores suspender a folga --non desconvocala--, ao igual que o fan CIG e USO cos seus órganos. E o Goberno galego está disposto a retomar as conversas se finalmente a suspensión chega.
A folga na Xustiza cumpre tres meses á espera dunha negociación definitiva

Entrevista a Pablo Valeiras e Nuria Fornos en "Ourense na Onda"

3 de maio de 2018



 



Publicada a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas para a súa cobertura

"publicado na intranet"

Publicada con data 02 de maio a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

Comunicado do comité de folga (2 maio 2018)

2 de maio de 2018

Preme para ampliar

Escrito con selo de rexistro 2.5.2018
-Preme para ampliar-



O sindicato maioritario na Xustiza únese aos que rexeitan o acordo coa Xunta e os catro piden negociar xa


"Hoxe nos medios"

Novo xiro no conflito da Xustiza. O sindicato maioritario no sector, SPJ-USO, únese aos tres (Alternativas na Xustiza-CUT, CIG e STAJ) que rexeitan o acordo que fora pactado coa Xunta por catro centrais --incluída a propia USO-- e que foi rexeitado en votación polo persoal. Esta nova reconfiguración no comité de folga non só "reconstrúe a unidade sindical" destas organizacións senón que establece "unha nova maioría sindical" que acepta o resultado da consulta entre os traballadores e advirte de que "a folga continúa ata acadar un acordo que permita rematar o conflito".

Ligazón á noticia completa - Praza Pública

TVG

Os sindicatos da Xustiza que rexeitan a oferta do Goberno chaman a retomar a unidade tras o desplante da Xunta

"publicado en galicia confidencial"

Os sindicatos atenden aos medios ás portas da EGAP
Entrada do edificio da EGAP en Santiago
Estas tres centrais acudiron na mañá deste mércores á sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, lugar ao que convocaran á Xunta para retomar as negociacións para pór fin ao paro indefinido no sector. Con todo, ninguén da Administración autonómica acudiu ao encontro.

A resposta da Xunta de Galicia ao diálogo

Esta mañá a Xunta de Galicia impediu a entrada á EGAP dos delegados sindicais que solicitaran  reunirse coa administración para desbloquear a negociación da folga indefinida que empezou o día 7 de febreiro: 85 días.

Un amplio dispositivo policial bloqueaba o acceso á EGAP a todas as persoas que ían participar na reunión e aos que os acompañaban.


Galería de fotos deste 1 de maio

1 de maio de 2018


La CIG convoca huelga general para el 19 de junio en el 1º de Mayo en Vigo
Os traballadores da xustiza reciben de costas a manifestación de CCOO e UXT

1 de maio:a xustiza galega sae ás rúas galegas

"Nos xornais"
Manifestaciones del 1 de mayo en A Coruña
A Coruña

Chamamento ao diálogo: 2 de maio ás 10 horas na EGAP

"Na prensa"

 
Protesta en Vigo dos funcionarios da Xustiza
Manifestación de coches en Vigo


Los tres sindicatos contrarios al preacuerdo con el Gobierno gallego en materia de justicia, Alternativas na Xustiza-CUT, CIG y STAJ, se mostraron ayer, tras 83 días de protestas, dispuestos “a interrumpir la huelga” si “todas las partes implicadas” se sientan a negociar, algo que pasa por “no levantarse de la mesa”, un escenario que, según advirtieron, “no ha habido hasta ahora”.


Tramitación PA - quenda libre OPE 2016

"publicado no BOE"

Publicada no BOE a Orde JUS/434/2018, de 25 de abril, pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos, e se fai pública a data, hora e lugar de celebración do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de quenda libre, no corpo de Tramitación procesual e administrativa, convocado por Orde JUS /1166/2017, de 24 de novembro.

Ligazón ao BOE