Amosando publicacións coa etiqueta ratio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ratio. Amosar todas as publicacións

INTERINOS: prazas ofertadas - publicación en curso

3 de setembro de 2020

"Comunicación do servizo de Xustiza-VIGO"

Este mércores 3 de setembro de 2020 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas autorizadas pola Dirección Xeral do corpo de tramitación procesual e administrativa por non existir a ratio de duas persoas por praza.

Como consecuencia, comunicouse a oferta as persoas dispoñibles na bolsa, a través do correo electrónico, para que no prazo de 24 horas realicen a aceptación das prazas ofertadas e a orde de preferencia.

As prazas ofertadas son:
  • XULGADO DO SOCIAL NÚMERO 3 DE VIGO –CTPA- (IT DO/A TITULAR) ZONA 2
  • SERVIZO COMÚN DE APOIO DE PONTEVEDRA –CTPA- (IT DO/A TITULAR) ZONA 1

Tal e como se recolle no artigo 20 da Orde de 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino, o luns día 7 de setembro de 2020 comunicaremoslles ás persoas seleccionadas a praza que lle correspondeu a cada unha.

Un saúdo


Outro exemplo da ineptitude dos asinantes do acordo: discriminación d@s traballador@s de Tui e Redondela

28 de agosto de 2018


Lamentablemente, AXG-CUT ten que denunciar unha vez máis o incumprimento do acordo negociado polos catro pseudosindicatos (SPJ-USO, UXT, CSIF e CCOO) e asinado por tres (SPJ-USO, UXT e CCOO): Nin @s traballador@s do  xulgado de Tui nin os de Redondela perciben o complemento malia cumprir sobradamente a ratio de asuntos de violencia esixida.

Os pseudosindicatos e a administración nin cumpren o acordo asinado ás costas d@s traballador@s

21 de xuño de 2018

AXG-CUT esixe que se cumpra o contido do acordo publicado no DOG do 30 de maio no refererente aos xulgados de violencia. No punto 6.c) contempla que percibirán un complemento retributivo por obxectivos e de carácter mensual os xulgados de primeira instancia e instrucional dos partidos xudiciais que asuman a materia de violencia sobre a Muller sempre que no ano anterior incoasen polo menos 75 ou máis diligencias en materia de violencia.

Redondela e Tui  superan esa ratio, polo que compre cumprir o acordo assinado.