O goberno de Alberto Nuñez Feijoo leva tratándonos como parvos e mentíndonos dende hai anos (ben é certo que coa nosa calada por resposta)
- Suprimiunos a paga extra do 2012 argumentando que era unha decisión do Goberno de Rajoy e que non podía facer nada.
MENTIRA: Navarra e Euskadi buscaron formulas para seguir pagando a extra e evitar unha medida inxusta.
- Logo converteunos en delincuentes sanitarios ao descontarnos o 50% do soldo por estar enfermos e discriminounos con respecto aos maxistrados e fiscais (eles non teñen descontos por gripe, sarampelo, varicela, hepatite..., e nos si) dicindo que non podía facer nada polo goberno de Rajoy.
MENTIRA: Aragón e Navarra (gobernadas polo PP) aplican a mesma norma para maxistrados, fiscais e funcionarios
- Papounos días de vacacións e de asuntos particulares argumentando que se aforraban cartos.
MENTIRA: Todos sabemos que en Xustiza as vacacións e os días de asuntos particulares non se cobren con funcionarios interinos.
- Dixo un mes antes das eleccións que “aos funcionarios non se lle pode pedir máis esforzos” e poucos días despois das eleccións ROUBOULLE 2500€ aos Médicos Forenses, 1250€ Xestores, 970€ Tramitadores e 870€ Auxilio aproximadamente.
Botou por fora que Galicia estaba na “Champions League” para en realidade ser con Andalucía e Cataluña as únicas CCAA que suprimiron o CAT.
E hoxe, 4 de decembro, en rolda de prensa comezou coas milongas:
- Escarallouse a rir a conta nosa prometendo a creación dun fondo para devolver todo o que nos está a roubar para o ANO 2018!!!.
- Nun brote de delirio dixo que tiña pensado devolvernos as cantidades devengadas (44 días) en VEZ DE DICIR QUE CUMPRIRÁ ao seu pesar o que din decenas de sentenzas.
- A pouco máis de un mes para que se resolva o recurso en interese de lei pola paga do 2012 ten a desfachatez de dicir que pensa pagar entre 2015, 2016 e 2017.
Tanta impunidade, mentira e manipulación teñen que rematar
Etiquetas: Retribucións