Nova Oficina Fiscal. Relación de postos de traballo

17 de abril de 2015


No Diario Oficial de Galicia número 72, do 17 de abril de 2015, publícase a Resolución do 26 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.


Ligazón


Texto

Artigo único

Publicar as relacións de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, que figuran no anexo da presente orde.

Disposición transitoria primeira

A partir da entrada en vigor desta orde realizaranse os procesos de acoplamento previstos na disposición transitoria cuarta da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, na redacción dada polo artigo 2 da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Disposición transitoria segunda

Mentres non remate o proceso de acoplamento e o persoal funcionario implicado non tome posesión nos novos postos de traballo previstos nestas relacións de postos de traballo, continuará prestando servizos nos seus actuais destinos e percibindo as retribucións que lle correspondan.

Disposición derradeira única

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2015

Anexo