Amosando publicacións coa etiqueta Formación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación. Amosar todas as publicacións

EGAP; cursos informática, teleformación.

1 de marzo de 2024


"publicado no DOG"


RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.


O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Formación do Instituto de Economía Pública de Galicia.

22 de febreiro de 2024

"publicado no DOG"

Vense de publicarRESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024 pola que se convocan actividades de formación continua do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP) para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

- O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 4 de marzo de 2024. 

- As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>  desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. 

- O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.

Convocatoria cursos de lingua galega para obtención do Celga 2,3,4.

19 de febreiro de 2024

"publicado no DOG"

Vense de publicar o 16 de febreiroa a RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Formación, reforzo coñecemento AXE.

20 de setembro de 2022


"publicado na intranet" 

Formación.  Actívase o Plan de Reforzo do Coñecemento AXE na súa versión en liña. 

Consulta os contidos da actividade e a data asignada ao teu órgano 19/09/22 Está dispoñible na Plataforma de Teleformación de Xustiza o Plan de Reforzo AXE, versión en liña, que complementa a formación que se está a impartir de xeito presencial. 

Poderás matricularte na dita actividade tendo en conta a data asignada ao teu órgano:

Martes 20/09: 
Grupo 1: xulgados de instrución, penal, menores, violencia sobre a muller e vixilancia penitenciaria. Grupo 2: xulgados de primeira instancia e instrución.
Grupo 3: seccións da AP e TSXG.

Xoves 22/09: 

Grupo 4: xulgados do social.
Grupo 5: xulgados do contencioso-administrativo.
Grupo 6: xulgados de primeira instancia.

Para poder completar o proceso de automatriculación, terás que introducir unha chave que recibirá previamente o órgano mediante correo electrónico . Aquí tes dispoñible o proceso de matriculación paso a paso. A continuación atoparás unha táboa cos contidos do Plan de Reforzo en liña. Ademais, continúan dispoñibles as pílulas formativas en liña de acceso aberto, que che solucionarán as dúbidas relacionadas coas funcións que desempeñas no día a día no teu posto de traballo.

CEX; convocatoria actividades do plan de formación transversal do segundo semestre 2022

23 de xuño de 2022


"publicado en cej-mjusticia"

Por resolución de fecha 17 de junio de 2022, el Centro de Estudios Jurídicos convoca plazas en seis actividades del Plan de Formación Transversal para el primer semestre de 2022, dirigidas a todos los cuerpos, y detalladas en los Anexos I y II que se acompañan más abajo. 

Cabe destacar la incorporación a esta convocatoria de más de 20.000 plazas para la formación en idiomas extranjeros (inglés, francés, alemán, italiano y portugués), a la que tendrán acceso todas las carreras y cuerpos que se forman en el CEJ. Esta formación abarcará de los niveles A1 a C1 del Marco Común Europeo de Lenguas (en el caso de inglés se ampliará hasta C2), permitirá a sus participantes avanzar a su propio ritmo en el proceso de aprendizaje y trabajar las cuatro competencias lingüísticas principales: comprensión oral y escrita, así como expresión oral y escrita.

Presentación de solicitudes: vía sede virtual del CEJ hasta el 1 de julio a las 14.00h.

EGAP; curso superior de Administración electrónica.

15 de xuño de 2022

"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG resolución 3 de xuño de 2022 pola que se convoca o curso superior de Administración electrónica.

O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadre nas seguintes categorías: • Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.  Grupos I e II do persoal laboral. No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e da Administración de xustiza.

O curso desenvolverase desde o 13 de setembro ata o 25 de outubro de 2022. Lugar Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sita na rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.  A duración e de 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas presenciais e 84 de teleformación.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 31 de xullo de 2022.

 Poderase obter calquera outra información a través do correo electrónico novas.egap@xunta.gal ou, desde as 8.30 ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

EGAP; curso monográfico A intelixencia artificial na Administración

3 de xuño de 2022

"publicado no DOG" 

Vense de publicar no DOG resolución do 2 de xuño de 2022  pola que se convoca o curso monográfico A intelixencia artificial na Administración.

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e das súas entidades públicas instrumentais; da Administración institucional, da Administración local e das universidades do Sistema universitario de Galicia; e a profesionais e persoas interesadas en xeral.

O lugar será no salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. en modalidade presencial  9 e 10 de xuño de 2022. en horario de mañá e tarde. Horas lectivas: 10.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 7 de xuño de 2022.

EGAP: Plan de Formación para o ano 2022

27 de decembro de 2021

"publicado no DOG" 

    A EGAP ven de publicar no DOG; RESOLUCIÓN de 17 de decembro de 2021 pola que se publica O Plan de formación para o ano 2022 

A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Au- tónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario. 

Reunión da Comisión de Formación para o ano 2022

10 de decembro de 2021


Alternativas na Xustiza-CUT ven de reunirse coa  Comisión de Formación para o ano 2022.
Este sindicato presenta unhas alegacións que  considera imprescindibles ...

EGAP, cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo dirixidos ao persoal da Administración de xustiza de Galicia

16 de abril de 2021

"publicado no DOG"


Requisitos dos participantes:

Deberá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución:

O persoal ao servizo da Administración de xustiza que non realizase con anterioridade este curso de formación, así como aquel con destino nos xulgados de primeira instancia e instrución e xulgados de paz das provincias de Lugo e Ourense que estea en situación de servizo activo e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Curso online sobre Administración Xudicial Electrónica - Reforza o teu coñecemento

9 de marzo de 2021

 Impartido na plataforma de teleformación de Xustiza Dixital

 

O curso Reforza o teu coñecemento permite que mellores o dominio dos procesos e sistemas que empregas no teu día a día e que dan soporte ao Expediente Xudicial Electrónico. Esta iniciativa formativa conta con varias videoaulas impartidas por un titor/a, a quen poderás consultar todas as túas dúbidas sempre que o precises. Cando entres no curso, verás unha guía na que tes todas as indicacións sobre como seguilo. Recorda coller os teus auriculares antes de comezar! 

  • Modalidade: 100% online. 
  • A quén está destinado? A todo o corpo de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza.
  • Duración estimada: 4 horas. 
  • Cando? Cada xoves, a partires do 11 de marzo, empeza unha nova edición, até un total de 10. Antes da data de apertura do curso que corresponde ao teu órgano, a/o LAX comunicarache a data na que comeza. Tamén podes consultala neste calendario.

EGAP: convocatoria de cursos de formación en materia de igualdade e violencia de xénero

8 de marzo de 2021

"publicado no DOG"

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

EGAP: Plan de Formación para o ano 2021

11 de xaneiro de 2021

"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN de 23 de decembro de 2020 pola que se publica 0 Plan de formación para o ano 2021

.A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Au- tónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.


 O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

EGAP; X Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

19 de novembro de 2020


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a X Xornada de formación práctica dixital (E-martes).`

As persoas destinatarias desta actividade son:

O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: martes, 1 de decembro de 2020. 

Horario: mañá e tarde. Duración: 6 horas lectivas.

Número de prazas. Persoal empregado público: 16.Cidadanía: 13. 

O número de prazas convocadas vén determinado pola capacidade das aulas adaptada ás medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da COVID-19.

Inscrición. 1. A inscrición nesta actividade formativa só se poderá realizar por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

EGAP: e-martes (xornada de formación de práctica dixital)

12 de agosto de 2020

"publicado no DOG"

Publicouse hoxe no DOG RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a VII Xornada de formación práctica dixital (E-martes).

AXG-CUT denuncia unha vez máis a discriminación para cursos de formación cuxa imparticion é na sede da EGAP

20 de xullo de 2020

Nos últimos días ofertáronse DOUS cursos para funcionari@s da Administración de Xustiza : un deles, CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA 2020, ofertado no DOG O 17.7.2020, cuxo desenvolvimento será na Sede da EGAP en Santiago de Compostela (rúa Madrid 2/4) cunha duración de 114 horas electivas, 30 delas con carácter presencial e as restantes de teleformación (84 horas); o outro curso, CURSO MONOGRÁFICO SOBRE A PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA COMO MÉTODO DE XESTIÓN PÚBLICA, ofertado no DOG de hoxe, 20.7.2020, cuxo desenvolvimento será tamén na EGAP (SITA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA – Rúa Madrid – 2/4), cunha duración de 3 días.

AMBOS  IMPOSIBILITAN UN ACCESO EQUITATIVO E COS MESMOS DEREITOS PAR TÓDOL@S TRABALLADOR@S DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA): XURDE DE NOVO O PROBLEMA DO DESPRAZAMENTO, MANUTENCIÓN E ALOXAMENTO.

AXG-CUT solicita a convocatoria de cursos de formación de MINERVA

Unha vez publicadas as novas bolsas de interin@s, o tempo que algúns deles levaban sen traballar, así como @s traballador@s chamad@s polo SPEG, cuxo coñecemento sobre o uso da plataforma MINERVA era nula e cuxa única maneira de aprender a manexala era por medio da axuda d@s compañeir@s, moita vontade e chamadas telefónicas ao CAU, fáise máis que necesaria a convocatoria destes cursos de formación.

EGAP: convocatoria de actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia

4 de marzo de 2020

"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Reunión mesa de formación 18.10.2019

21 de outubro de 2019

O pasado día 18 de outubro a DXX convocou ás OOSS á mesa de formación cuxo orde do día era: avaliación dos cursos e nivel de demanda dos cursos de formación continua 2019.

O resumo do acontecido na devandita reunión é o seguinte: