Partido xudicial de Pontevedra; novo sistema de videoconferencias (Cisco Webex)

19 de abril de 2022


"publicado na intranet"


O vindeiro martes 26 de abril o sistema de videoconferencias Cisco Meeting deixará de estar operativo no partido xudicial de Pontevedra. Todos os actos con participación telemática que se efectúen a partir desa data realizaranse co novo sistema de videoconferencias Cisco Webex. 

Se o teu órgano pertence ao partido xudicial de Pontevedra, no caso de que xa teñas organizada algunha videoconferencia con Cisco Meeting que teña lugar despois do 26 de abril, lembra que debes enviar os novos datos de conexión da túa sala Cisco Webex ás persoas participantes. Se non o fas, estarán a empregar datos de conexión obsoletos e non poderán conectarse á videoconferencia.

Consulta máis información sobre Cisco Webex.