Horario


Control do horario: Guía para entender o seu funcionamento



Control do horario: Guía para entender o seu funcionamento


O artigo 13 da Resolución de 12 de febreiro de 2014 pola que se ditan as instrucións relativas ao horario dispón:

“mensualmente a aplicación informática ofrecerá o balance resultante das marcaxes e, se é o caso, das incidencias rexistradas. No caso de existir desconformidade co resultado, poderase reclamar ante o servizo de xustiza da xefatura ou delegación territorial correspondente durante un prazo máximo de 5 días hábiles.”

Desde Alternativas Xustiza, e co fin de facilitar aos traballadores a información necesaria para que poidan consultar e controlar o correcto funcionamento do balance horario, dirixímonos a DXX e en base á información facilitada por este organismo trataremos de dar resposta e explicar algunha das preguntas máis frecuentes que nos xorden á hora de consultar o balance horario mensual do OPAX.



1. Que datos se reflicten en “horas mensuais realizadas”?






Neste apartado só se reflicten as horas que “realmente” fichamos, é dicir, sen ter en conta os erros nin incidencias na marcaxe.




2. Como se calculan as “horas mensuais a realizar”?






1.- No apartado “horas debe do mes actual” aparecen reflectidas as horas que tiña que realizar o funcionario no mes que estamos consultando sen ter en conta os posibles saldos negativos de meses anteriores.

Para facer o cálculo hai que ter en conta que das horas a realizar no mes hai que descontar os días de vacacións, permisos e licenzas concedidos así como todas as horas e días xustificados por incidencias (erros na marcaxe, ausencias parciais...). É dicir, hai que descontar todo o que apa-rece na apartado “xustificacións


Exemplo
Preme na imaxe para ampliar


Cadro horario
Preme na imaxe para ampliar



2.- No apartado “horas debe do mes anterior” aparecen reflectidos, se é o caso, os saldos negativos do cumprimento horario mensual dos meses anteriores, é dicir, se debemos 3 horas do mes anterior se sumarían neste apartado.

3.- O apartado “horas totais” é a suma dos dous apartados anteriores e, polo tanto, estas son as horas totais que tiña que realizar o funcionario no mes que estamos consultando: unha vez descontados os días xustificados por vacacións, permisos, incidencias... e sumados os saldos negativos dos meses anteriores.


Exemplo 2
Preme na imaxe para ampliar


Cadro horario
Preme na imaxe para ampliar


No caso do exemplo anterior como o funcionario realizou 121 h. e 10 m. ten o seu favor un saldo de 4 horas e 10 minutos (121h: 10m – 117h). Estas horas acumularíanse na bolsa de horas.




3. Como se calculan as horas que hai que realizar cada mes?




Xornadas
Preme na imaxe para ampliar




4. Como se calculan as horas que hai que realizar cada mes nos casos de prolongación de xornada?




A parte fixa do horario é a mesma que no caso anterior. Só varia a parte flexible.


Xornadas
Preme na imaxe para ampliar




5. Que parte do horario é de obrigado cumprimento cada día e que parte se computa mensualmente?




A parte fixa do horario é de obrigado cumprimento cada día (coas excepcións reguladas, redución de xornada, plan concilia, xulgado de Garda) e non é compensable.

A parte flexible do horario e as prolongacións de xornada compútanse e contrólanse mensualmente. Os incumprimen-tos na parte flexible do horario compénsanse no mes seguinte a producirse.




Semana grande



6. No xornada reducida (semana grande), se se fan máis de 5 horas contabilízanse?




Si.

No caso de que a semana grande coincida na franxa horaria de inverno contabilizásense todas as horas feitas entre as 07:30 e as 18:30, que irían ao flexible do mes e, caso de que ese mes houbese sobrante do total de horas a realizar, á bolsa de horas.

No caso de que a semana grande coincida na franxa horaria de verán contabilizaríanse todas as horas feitas entre as 08:00 e as 17:30 horas, que irían ao flexible do mes. Hai que ter en conta que na xornada de verán non se acumulan horas na bolsa de horas.




Xulgado de garda



7. Que horario fixo hai que facer se estás de garda?




Os días que se entra na quenda pola tarde, de 9 a 14 horas pola mañá e de 17 a 20 pola tarde.

Cada día (de luns a venres) que se vai só pola mañá, esixen que se fagan 6 horas entre as 08:00 e as 15:00 horas.




8. Nos xulgados de garda hai que facer unha incidencia que recolla os servizos prestados fóra da franxa horaria xeral fixada polo calendario laboral?




Si.

Para o control horario dos tempos traballados no cumprimento dos servizos de garda deberase tramitar unha incidencia que recolla os servizos prestados fora da franxa horaria xeral fixada polo calendario laboral.

É dicir, o tempo traballado despois das 18:30 horas na xornada de inverno e das 17:30 na xornada de verán, e os sábados, domingos e festivos, deberanse xustificar cunha incidencia de control horario que debera facer cada traballador individualmente no día hábil seguinte de producirse o feito ou ao reincorporarse ao seu posto de traballo.

A partir do martes 22 de abril no parte individual de incidencia que hai na OPAX aparecera un novo tipo de incidencia “incidencia parcial por horario e xornada especial”. O traballador que estea no caso anterior pinchara nesta incidencia, comprobará que os datos horarios que aparecen son correctos –se non é así terá que modificalos- e no apartado motivos escollerá “servizo de garda” e, por último asinara electronicamente esta incidencia.


Gardas
Preme na imaxe para ampliar




9. Ausencia polo gozo do día de descanso tras a finalización da garda: como se xustifica e ata cando se pode gozar?




A ausencia polo gozo do día de descanso tras a finalización da garda deberase de xustificar cunha incidencia horaria de ausencia total na que se indiquen as datas en que se realizaron os servizos de garda.

O día de descanso deberase gozar antes da seguinte garda que corresponda ao órgano xudicial.




Rexistro Civil



10. Que cambios nas quendas dos rexistros civís hai que xustificar cunha incidencia de control horario?




No caso de modificacións puntuais que impliquen un cambio de quenda con outro funcionario, deberase tramitar a correspondente incidencia para aqueles servizos prestados entre as 17:00 e as 18:00 horas de luns a venres, e entre al 10:00 e as 13:00 horas nos sábados, con vistas a aplicación das compensacións horarias previstas nestes supostos.

Esta incidencia debera facela o traballador no día hábil seguinte de producirse o feito ou ao reincorporarse ao seu posto de traballo.

A partir do martes 22 de abril no parte individual de incidencias da OPAX aparecera unha incidencia especifica para este suposto. O traballador que estea no caso anterior pinchara nesta incidencia e despois de comprobar que os datos que aparecen na mesma son correctos asinará electronicamente esta incidencia.




Ausencias/Incidencias



11. Que prazo hai para rexistrar na OPAX as ausencias e incidencias?




Todas as ausencias e faltas de permanencia no posto de traballo, tanto totais como parciais, deberan rexistrarse na OPAX e comunicarse mediante a cubrición e sinatura electrónica do parte individual de incidencias dispoñible na OPAX ao día seguinte hábil de producirse o feito ou reincorporarse ao posto de traballo.

Tamén debera rexistrarse mediante este procedemento a ausencia de fichase por esquecemento ou erro no sistema informático.




12. Que solicitudes ou incidencias ten que validar o superior xerárquico?




Con carácter xeral, as solicitudes de vacacións, permisos ou licenzas cuxo outorgamento estea supeditado ás necesidades do servizo e que, polo tanto, deban contar co informe do superior xerárquico deberan ser validadas por este. Se o informe é desfavorable deberá ser motivado.

Con carácter xeral, todas aquelas incidencias que se fan con posterioridade a que ocorra o feito non as ten que validar o superior xerárquico. As incidencias de control horario non as firma.

En calquera caso e a partir de que funcione a sinatura electrónica tanto dos permisos, vacacións e licenzas como das incidencias, non será preciso sabelo. O funcionario asinará electronicamente a súa solicitude e o sistema enviará a bandexa do superior xerárquico aquelas solicitudes que teña que validar o superior xerárquico e o resto xa iran directamente a xefatura ou delegación territorial competente.




13. Que pasa no caso de que o superior xerárquico non valide electrónicamente os permisos?




O funcionario deberá remitir a súa solicitude vía fax ao servizo de persoal da xefatura ou delegación territorial correspondente no prazo máximo de cinco días hábiles dende o rexistro e sinatura electrónica por parte do interesado.




Bolsa de horas



14. Que horas van a bolsa de horas anuais?




As horas que se acumulan na bolsa son o exceso mensual de horas traballadas de forma voluntaria no horario flexible. A acumulación farase unha vez deducidos os posibles saldos negativos no cumprimento do horario mensual.


Exemplo 1

Un funcionario que no mes de abril ten que realizar a xornada xeral de inverno, sen semana grande nese mes, que non pediu ningún día de vacacións, permisos, licenzas… que non ten prolongación de xornada e que non ten ningún saldo negativo no mes anterior (que non debe horas do flexible do mes anterior) tería que facer 140 horas.

Son 20 días por 7 horas = 140

Se ese funcionario fai 143 horas, 3 horas van para a bolsa.


Exemplo 2

Un funcionario que no mes de abril ten que realizar a xornada xeral de inverno, sen semana grande nese mes, que pediu dous días de permiso, que ten prolongación de xornada e ten un saldo negativo no mes anterior de catro horas.


Exemplo 3
Preme na imaxe para ampliar




15. Cantas horas se poden acumular na bolsa e para que se poden usar?




Pódense acumular un máximo de 22 horas e media ao ano. O gozo das horas acumuladas poderase compensar cun día de libranza por cada sete horas e media de exceso acumulado (cun máximo de 3 días por ano), ou ben solicitando a redución do horario flexible mensual.




16. Que pasa se pido horas con cargo a bolsa para redución do horario flexible mensual?




Non poderemos pedir os tres días de libranza.

Exemplo

Un funcionario que no mes de abril ten na bolsa 15 horas e pide 5 horas de redución do horario flexible do mes de maio perdera un día de libranza. Como o máximo que se pode acumular ao ano son 22 horas e media e xa gozou de 5 só podería acumular horas nos meses que restan ata chegar a 17 horas e media ( 22,5 h. – 5 h. = 17,5 h). Polo tanto só podería chegar a ter horas na bolsa para 2 días (15h.) e quedaríanlle un resto de dúas horas e media que só as podería gozar pedindo redución desas dúas horas e media no horario flexible doutro mes.

Conclusión:

Se queremos compensar as 22,5 horas por os 3 días de libranza NUNCA poderemos utilizar as horas para pedir redución do horario flexible mensual. 




17. Ata que data se poden acumular as horas na bolsa e ata que data se poden gozar as horas acumuladas este ano?




Pódense acumular horas na bolsa ata o 31 de decembro e as compensacións previstas poderán gozarse ata o 31 de xaneiro do ano seguinte.




18. Na xornada de verán se poden acumular horas?




NON.

Do 16 de xuño ao 15 de setembro non se xerarán horas para a bolsa.

Durante os meses de XULLO e AGOSTO non se poderán acumular horas na bolsa.




19. Pódense xuntar os días de libranza por acumulación horario cos días de asuntos particulares e as vacacións?




Si. Os días de libranza con cargo a bolsa de horas pódense xuntar cos días de asuntos particulares e cos días de vacacións de gozo independente.

Hai que ter en conta que os días de libranza e de asuntos particulares pódense gozar ata o 31 de xaneiro e que os días de vacacións de gozo independente só se poden gozar ata o 15 de xaneiro.




20. Que prazo hai para compensar os saldos negativos no horario flexible?




Os saldos negativos no horario flexible dun mes deberan compensarse no mes seguinte ao do saldo negativo.




Ausencia de tarxeta



21. Que pasa se non teño tarxeta de identificación, por perdida, subtracción, deterioración…?




O persoal de novo ingreso, ou aquel que por calquera outra circunstancia careza de tarxeta de identificación, deberá efectuar a correspondente solicitude de emisión a través da OPAX. Dita solicitude deberá efectuarse no prazo máis breve posible, e en ningún caso nun prazo superior a 5 días.

A solicitude de emisión habilitará automaticamente na OPAX a función de “rexistro de horas”, na que se deberán rexistrar diariamente as entradas e saídas do posto de traballo. Os datos das marcaxes verteranse, ao rematar o respectivo mes, no parte mensual de horas rexistradas, que deberá ser asinado electronicamente o primeiro día hábil do mes seguinte.

Dende o momento da súa sinatura, a incidencia pasará a estar dispoñible na bandexa da delegación para a súa validación e carga no sistema de control horario.




Prolongación de xornada



22. En que franxa horaria se pode cumprir a prolongación de xornada?




As prolongacións de xornada teñen que facerse dentro da franxa horaria xeral fixada polo calendario laboral. Non se terán en conta as horas feitas fora destas franxas horarias.

E dicir as prolongacións de xornada teñen que cumprirse:

En inverno: entra as 07:30 horas da maña e as 18:30 horas da tarde

En verán: entre as 08:00 horas da maña e as 17:30 horas da tarde.




Publicado na intranet



Sinatura electrónica das incidencias de control horario


23/04/2014



De acordo coas instrucións aprobadas por Resolución do 12 de febreiro, xa está habilitada a sinatura electrónica do parte individual de incidencias dispoñible na OPAX. As incidencias deberán rexistrarse ao día seguinte ou o primeiro día hábil de traballo tras a reincorporación ao posto. Dende o momento da sinatura, a incidencia pasará a estar dispoñible para o servizo de persoal correspondente, que procederá á súa validación e carga no sistema de control horario. Desta forma, para a tramitación de calquera incidencia de control horario, xa non é precisa a sinatura por parte do superior funcional da unidade, ao que se lle habilitará unha opción de consulta na súa bandexa de entrada, para poder facer un seguimento das incidencias tramitadas polo seu persoal.

As únicas situacións vinculadas co horario, cuxa tramitación tamén é telemática en todos os seus pasos, pero que si precisa da validación e sinatura electrónica por parte do superior funcional, son:

• Acumulación de horas por actuacións urxentes e inaprazables: no corpo da solicitude é preciso describir a xustificación das actuacións realizadas, incluíndo as horas da súa prestación, para poder aplicar as compensacións correspondentes. Ao seren validadas e asinadas polo superior funcional, enténdese como certificada a obrigatoriedade dos traballos, polo que non é preciso achegar ningún papel sobre as circunstancias, salvo requirimento do servizo de persoal correspondente.

• Solicitude de días de libranza por acumulación de horas: a súa tramitación é totalmente equiparable neste momento á dos días de permiso por asuntos particulares, sendo obrigatoria a tramitación electrónica.

• Nestes dous supostos, nos que é preciso o visado elec-trónico do superior xerárquico no caso de producirse calquera problema técnico neste paso, o funcionario deberá remitir a súa solicitude vía fax ao servizo de persoal no prazo máximo de cinco días hábiles dende o rexistro e sinatura electrónica por parte do interesado.




Incidencias por servizos de garda

23/04/2014



Dende o día de hoxe está dispoñible a través da OPAX a incidencia parcial por horario e xornada especial, que deberá ser cuberta polo persoal que presta servizos de garda, para que o programa de control horario sume os tempos traballados fóra da franxa horaria xeral fixada polo calendario laboral vixente. Desta forma, calquera servizo motivado nun servizo de garda ou nun cambio da quenda de rexistro civil, realizado con posterioridade ás 18.30 da tarde e ata as 07.30 da mañá, en horario de inverno, ou dende as 17.30 da tarde e ata as 08.00 da mañá, en horario de verán, requirirá da cubrición da correspondente incidencia.

Ao igual que o resto das incidencias de control horario, na súa tramitación non se require a sinatura por parte do superior funcional da unidade, ao que se lle habilitará unha opción de consulta na súa bandexa de entrada, para poder facer un seguimento das incidencias tramitadas polo seu persoal.
A forma de proceder nestas situacións será a seguinte:

• A incidencia deberase de realizar ao día seguinte da prestación dos servizos.

• Entrar na OPAX/Control horario/Parte individual de incidencia/Incidencia parcial por horario e xornada especial.

• Escoller o motivo (Servizo de garda/Cambio na quenda de rexistro civil) e seleccionar o día para o que se quere tramitar a incidencia.

• O programa recuperará as marcaxes realizadas para o día seleccionado, poñendo como hora de inicio a do remate da franxa xeral do horario, e como hora de fin a rexistrada en Kronos como saída para ese día. No caso de non haber marcaxes, cubrirase o correspondente apartado.

• Gardar a solicitude e asinala electronicamente. Dende ese momento, a incidencia pasará a estar dispoñible na bandexa de entrada do servizo de persoal correspondente. A través do apartado de consulta de incidencias poderase seguir o estado das peticións realizadas.




Acceso a OPAX




Podes acceder á OPAX (Oficina Virtual do Empregado Público) dende o teu domicilio e dende calquera ordenador con conexión a internet, sen necesidade de empregar a intranet xudicial. A dirección é a seguinte:

https://www.xunta.es:444/sxpa/AIX/

No menú superior do noso blog tes tamén unha ligazón directa a OPAX. 






A guía en formato PDF

Preme aquí para descargar a guía en formato PDF








Horario



  • Semanas grandes 2015



  • Xornada de inverno. Do 16/09/2014 ao 15/06/2015



  • Xornada de verán 2014



  • A Coruña. Festivos locais no 2015



  • Lugo. Festivos locais no 2015



  • Ourense. Festivos locais no ano 2015



  • Pontevedra. Festivos locais no 2015



  • Kronos



  • OPAX






  • Calendario laboral 2015


  • Provincia da Coruña



  • Provincia de Lugo



  • Provincia de Ourense



  • Provincia de Pontevedra








  •