Os sindicatos do comité de folga de xustiza valorarán impugnar a sinatura do acordo entre Xunta e tres sindicatos

21 de mayo de 2018

"publicado en Galicia Confidencial"

Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia

O comité de folga de xustiza anunciou a convocatoria dunha reunión para este martes en Santiago na que, entre outras cuestións, prevé analizar se se impugna a sinatura do acordo que derive da decisión de tres sindicatos (SPJ-USO, CC.OO. e UXT) de aceptar a oferta da Administración autonómica.

"Soy sindicalista ... y he pecado"


Carta dunha funcionaria de xustiza:

Soy una funcionaria de la Administración de Justicia de Galicia y hoy quiero confesar que he cometido un pecado…. Soy sindicalista (da igual el sindicato) y creo en el movimiento sindical.

DOG: Orde deixando sin efecto os servizos mínimos

"Publicado no DOG"

ORDE do 18 de maio de 2018 pola que se deixa sen efecto a Orde do 5 de febreiro de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida a partir do día 7 de febreiro de 2018 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.

Artigo único
Deixar sen efecto os servizos mínimos determinados mediante a Orde do 5 de febreiro de 2018, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 26, do 6 de febreiro), dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga indefinida a partir do día 7 de febreiro de 2018 nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.
Disposición derradeira
Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


Despois de 101 días: NON É NON!! - Hoxe consumouse a traizón

18 de mayo de 2018


"Na prensa"


Mobilización do persoal de Xustiza en Pontevedra


A Xunta de Galicia rexeitou este venres prorrogar o prazo para decidir sobre a oferta que realizou aos sindicatos de Xustiza, logo de que a central maioritaria no sector, SPJ-USO, solicitase unha prórroga ata o vindeiro mércores 23 de maio para consultar o conxunto de persoal sobre a proposta presentada na mesa de negociación e que é idéntica á que rexeitou o persoal en votación. O Goberno deu un ultimato ate este venres para aceptala; de non facelo, di sentirse "liberado" de calquera compromiso anterior.

Ante esta negativa, o sindicato maioritario USO aceptou esta última proposta da Xunta e adheriuse ao preacordo presentado o 26 de abril e que o persoal desbotara na consulta do 27.

100 días de folga na xustiza e así está a situación

"Publicado en Galicia Confidencial"

Resultado de imagen de folga xustiza


O conflito da xustiza segue formalmente aberto á espera do que ocorra este venres, data na que culmina o prazo que, en mesa sectorial, deu a Xunta aos setes sindicatos do sector para que lle comuniquen se se adhiren á súa última oferta ou non. Se non o fan, advertiu que se sentirá "liberada" de calquera compromiso e adoptará a decisión que corresponda para pechar formalmente o conflito.

Á espera do que ocorra este venres, Alternativas na Xustiza-CUT, CIG e STAJ xa avanzaron que para as súas organizacións é "válida" a votación dos traballadores, que rexeitaron por maioría a proposta que a Xunta mantén invariable, polo que non se senten interpelados polo ultimato da Administración.

Ligazón á noticia completa

O conflito da xustiza continúa

17 de mayo de 2018


"Resumo de prensa"

Tensa espera en el conflicto de la justicia

Rueda da la huelga de Justicia por finalizada y elimina los servicios mínimos

El conflicto de la justicia continúa

El personal judicial de Vigo mantendrá vivo el conflicto

Xustiza considera finalizada la huelga de los funcionarios

La Xunta da por finalizada la huelga de Justicia y elimina los servicios mínimos

Rueda da por acabada la huelga de justicia y retira los servicios mínimos

Tensa espera en el conflicto de la justicia




"A Xunta ten obrigación de negociar"

"Publicado en Galicia Confidencial"

Protesta en Vigo

En declaracións aos medios de comunicación, Javier Fernández, portavoz de Alternativas na Xustiza na Coruña, manifestou que a folga "nin se suspendeu nin se interrompeu". No entanto, admitiu unha baixada do seguimento que vinculou coa duración da folga e a necesidade dos traballadores de "recuperarse anímica e economicamente".

Por outra banda, considerou que a mesa sectorial non é "o foro adecuado" para a negociación. Ademais, sinalou que, coas protestas convocadas nesta xornada, queren "deixar claro" que a proposta aceptada polos sindicatos CC.OO., UXT, CSIF e SPJ-USO foi "rexeitada polos traballadores". "Para nós iso é un mandato imperativo", recalcou o portavoz de Alternativas na Xustiza-CUT para quen a Xunta "ten a obrigación de negociar co comité de folga".



"Non é non"

16 de mayo de 2018

"Nos medios"



TVE

Dignidade, despois de 100 días, para sempre

"Na prensa"

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou que a partir da próxima semana non funcionarán os servizos mínimos decretados con motivo do paro indefinido dos funcionarios de xustiza. Ao seu xuízo, "xa non hai folga", polo que toca planear a recuperación do traballo aprazado e non "enredarse" nos "últimos trámites" previos a que se dea por finalizada formal e legalmente.

Rueda ratifica que "xa non hai folga de xustiza"

Rueda da la huelga de Justicia por finalizada y elimina los servicios mínimos

Rueda da por zanjada la huelga en la justicia
Ligazón á noticia - Europa Press

Rueda ratifica que "ya no hay huelga de justicia" y que la semana próxima no funcionarán los servicios mínimos


Concentracións en sinal de protesta pola actitude da Xunta de Galicia


Onte e hoxe @s traballador@s da administración de xustiza realizaron concentracións diante dos centros de traballo de A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo en sinal de protesta  pola actitude da Xunta de Galicia que no día de onte, 15 de maio de 2018,  en mesa sectorial presentou un DOCUMENTO IDÉNTICO AO NEGOCIADO NO SEU DÍA ÁS COSTAS D@S TRABALLADOR@S  por SPJ-USO, UGT, CSIF e CCOO, E QUE FOI REXEITADO EN VOTACIÓN POLA MAIORÍA DOS MESMOS. 

Preme en LER MÁIS para ver as fotos e os vídeos


Audio Pablo Valeiras: "A Xunta non dá un prazo, o que dá é a sentenza de morte para o venres ás dúas da tarde"

15 de mayo de 2018



Resultado de imagen de cadena ser vigo


Ligazón ao audio

A Xunta dá un ultimato aos sindicatos da Xustiza para que acepten a oferta rexeitada en votación


"Na prensa"
actualizado 19:30 horas


Reunión de representantes de la Xunta con sindicatos de la Justicia.
Reunión da mesa sectorial en Santiago
O Goberno galego decidiu dar aos sindicatos da Xustiza un prazo de tres días que finaliza o venres ás 14.00 horas para que se adscriban á súa última oferta ou, pola contra, os representantes da Administración veríanse "liberados dos ofrecementos que se fixeron" e serían os seus órganos administrativos os que tomarían unha decisión para pechar o conflito.

Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante a substitución entre titulares

"publicado na intranet"

Publícanse novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data do 15 de maio  de  2018.

Termina sen acordo un novo intento para poñer fin ao conflito na Xustiza galega


"Publicado en Faro de Vigo" 


Reunión de hoxe en San Caetano - Santiago

Xunta y sindicatos estuvieron reunidos durante poco más de una hora.

Concluye, nuevamente sin éxito, un nuevo intento para poner fin al conflicto de la Justicia gallega. La reunión Xunta - sindicatos terminó pasadas las 14.00 horas de esta tarde sin acuerdo.

La Xunta y los sindicatos se reunieron durante poco más de una hora en la mesa sectorial de justicia con el objetivo de avanzar en las negociaciones para poner fin al conflicto en el sector, que permanece en huelga indefinida desde el pasado 7 de febrero, un paro que fue "interrumpido" por el comité de huelga el pasado 9 de mayo.



Nova xuntanza entre a Xunta e as OOSS

"Na prensa"


Resultado de imagen de folga xustiza
DIGNIDADE E RESISTENCIA
A Xunta convocou para este martes ás 13 horas aos sindicatos con representación no ámbito da Xustiza. Faino para unha mesa sectorial, e non a través do comité de folga, malia que a maioría das centrais advertíronlle á Administración de que este intento por rematar coa folga sería "ilegal" ao prescindir do único interlocutor válido mentres o paro non se desconvoque.

A Dirección Xeral de Xustiza convoca así no edificio administrativo de San Caetano os once integrantes da representación sindical nesta mesa sectorial, que inclúe dous representantes de SPJ-USO, dous de AX-CUT, dous de UGT e outros tantos do CSIF e cadanseu de STAJ, CIG e CCOO.

Auxilio Xudicial OPE 2016

 "publicado no BOE"

Publicado no BOE de 14 de maio de 2018 a Orde JUS/488/2018, do 7 de maio, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos e anúnciase data, hora e lugar de celebración do primeiro exercicio do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/1164/2017, do 24 de novembro.

Ligazón ao BOE

Os sindicatos, dispostos con friccións a negociar o fin da folga de xustiza tras o ultimato dos funcionarios

13 de mayo de 2018

"Publicado na prensa"

Protesta de funcionarios de xustiza en Ourense

Nuria Fornos (Alternativas na Xustiza), tras mostrarse "de acuerdo con los trabajadores", destaca que su colectivo "lleva tres semanas pidiendo que se reúna el comité y que se integren aquellos que se han ido porque es impensable que no sea así, ya hemos dado el paso". Fornos sostiene también que "cualquier solución pasa por sentarse", haciendo un llamamiento también al vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda.

Los sindicatos, dispuestos con fricciones a negociar el fin de la huelga de justicia tras el ultimátum de los funcionarios

Los sindicatos, sin el consenso que pide el personal de Xustiza


Comunicado de AXG-CUT

11 de mayo de 2018

Alguns medios de comunicación puxéronse en contacto cos Sindicatos para dicir que:

A Xunta de Galicia pensa convocar aos Sindicatos á Mesa Sectorial para a semana que ven.

Se isto fora así a Xunta cometería unha GRAVISIMA ILEGALIDADE (salvo que 4 sindicatos ás costas desconvoquen a Folga)

Segúndo Decreto que regula a Folga está pode só pode rematar de tres modos (art. 8.2, 9 e 10 do Real Decreto-lei 17/1977):

A Xunta convocará unha mesa sectorial a próxima semana para pechar o conflito na Xustiza

As centrais sindicais sinalan que, mentres estea convocado o paro, o comité de folga é o órgano de negociación


A Xunta proporá aos sindicatos da Xustiza celebrar unha mesa sectorial a próxima semana para pechar o conflito no sector que permanece en paro indefinido desde o pasado 7 de febreiro aínda que o comité de folga acordou o pasado martes, día 9 de maio, a súa "interrupción". Diso informaron este venres fontes da Vicepresidencia da Xunta, que explicaron que, polo momento, aínda está por determinar o lugar e a data deste encontro.

Rueda, o Bárbaro

10 de mayo de 2018

"publicado en luzes"

Por Antón Losada


Hai que felicitar de corazón a Alfonso Rueda, o vicepresidente do goberno galego. Non se poden destruír máis cousas en menos tempo e de xeito máis eficiente para conseguir absolutamente nada. Había rumores, pero xa é oficial. Por onde pasa o vicepresidente non volve medrar nin a herba, nin nada. Dende Conan o Bárbaro, non se tiña visto un poder de destrución comparable a este lado de mundo.