Acordo virtual co ministro privatizador

16 de xullo de 2014

Nota informativa de Alternativas-Xustiza 


Alternativas na xustiza galega


NOTICIÓN, NOTICIÓN!!, aínda hai xente que confía en Gallardón e no actual Ministerio de Xustiza para, NADA MÁIS E NADA MENOS, asinar acordos.


NOTICIÓN, NOTICIÓN!!, Os confiados son os Sindicatos, UGT, CSI-F e STAJ,que hai poucos días convocaban aos traballadores ás mobilizacións contra o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial e a privatización do Rexistro Civil.


NOTICIÓN, NOTICIÓN!!, A confianza é tan CEGA no Ministro que aceptan asinar un principio de acordo sen texto.


Alternativas na Xustiza-CUT (AXG), a falta do texto do acordo, considera “lamentable” que UGT, CSI e STAJ acepten a palabra do actual Ministerio para ASINAR A PAZ SOCIAL, co que quedan atados de pés e mans ante futuras agresións do Goberno aos nosos dereitos.


Dende AXG-CUT consideramos, polas informacións que temos, que no acordo non se garante;


  • Que se vaian manter os postos traballo actuais 

  • Que a Xustiza de paz non desapareza e todos ou parte dos seus postos de traballo. 

  • Que as retribucións actuais non vaian sufrir máis diminucións. 

  • Que se manteñan os actuais partidos xudiciais e que os que queden manteñan todos as mesmas condicións. 


Ademais parécenos un despropósito asinar un acordo virtual co Ministro a cambio da PAZ SOCIAL, cando ese mesmo Ministro acaba de asinar a PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL e pretende POÑER EN MANS DOS PROCURADORES OS ACTOS DE COMUNICACIÓN.


Alternativas na Xustiza esperará a que o Ministerio teña a ben poñer o acordo en mans dos Sindicatos CONFIADOS para facer unha valoración polo miúdo.


Con independencia do texto do acordo, Alternativas continuará mobilizándose, coma até agora, cos traballadores e con todos aqueles Sindicatos que queiran CONTRA A PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL E CALQUERA OUTRA EXTERNALIZACIÓN OU PRIVATIZACIÓN QUE SE LLE OCORRA A ESTE MINISTRO.


Aplaudimos a CIG, CCOO e ELA por non asinar un acordo en branco.


SOLICITAMOS AOS SINDICATOS ASINANTES DO “ACORDO VIRTUAL” QUE RECAPACITEN ANTES DE ASINAR A PAZ SOCIAL ÁS COSTAS DOS TRABALLADORES