ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT INFORMA:
No día de onte celebrouse o xuízo contra delegados sindicais da Coruña (entre eles, Javier, delegado sindical de AXG-CUT no momento dos feitos) como consecuencia da represión durante a folga na xustiza galega no xulgado de Instrucción número 8 da Coruña.
Tras as declaracións de todas as partes, incluído o maxistrado de instrución n° 4 da Coruña coma denunciante, rematou como marcaba o sentido común, que coma todos sabemos é o menos común dos sentidos:
SENTENZA ABSOLUTORIA PARA @S DELEGAD@S SINDICAIS QUE DEFENDERON O DEREITO Á FOLGA DE TODOL@S TRABALLADOR@S.
De todas formas o conflito continúa vivo pois Javier e Chelo teñen pendente outro xuízo e un expediente disciplinar.
Dende AXG-CUT continuamos e continuaremos loitando CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL.
Etiquetas: FolgaXustiza