A Xunta recorre as sentenzas que recoñecen o dereito á paga extra

24 de setembro de 2014

Segundo fontes xudiciais, a Xunta ven de recorrer a sentenza ditada no xulgado do contencioso administrtivo número 1 de A Coruña, na que se recoñecía o dereitos dos traballadores da administración de Xustiza a cobrar a paga extra do 2012, roubada cual cuatreros pola Xunta de Galicia.


Unha vez máis Alberto Núñez Feijoo e Alfonso Rueda utilizan o cinismo para enganar aos cidadáns e aos propios traballadores da administración de Xustiza dicindo nos medios de comunicación que teñen intención de pagar a paga extra e logo utilizan o rolo e os cartos dos propios cidadáns para recorrer sentenzas firmes utilizando o recurso extraordinario en “interese de lei”, que non é máis que un caixón de sastre para que os “malos políticos“ incumpran as súas obrigas.