Novidades no acceso á OPAX mediante usuario e contrasinal

10 de agosto de 2015

Publicado na intranet xudicial.



Debido a un cambio no número de caracteres nos contrasinais de acceso á OPAX, pode darse a situación de que non poida acceder á aplicación mediante o seu contrasinal habitual e que obteña a seguinte mensaxe de erro:

A clave introducida é incorrecta

Para acceder, deberá inserir os primeiros 6 caracteres do contrasinal que xa posuía anteriormente e engadirlle ao final dous ceros ('6 primeiros caracteres do contrasinal antigo' + 00).

Por exemplo, un usuario que inserira antigamente francis como contrasinal, agora para poder acceder terá que inserir franci00.

Unha vez que acceda á aplicación, recomendámoslle que proceda a modificar o contrasinal segundo os novos parámetros (mínimo 8 caracteres, máximo 11) por motivos de seguridade.

Recordámoslle que tamén pode acceder á aplicación mediante certificado dixital, acceso que non sufriu ningún cambio.

Cambio de contrasinal



Para cambiar o contrasinal introduza primeiro o contrasinal actúal, e despois introduza por duplicado o novo contrasinal; pulse "Gardar" para facer efectivo o cambio.

O Novo contrasinal deberá ter como mínimo 8 caráceres e como máximo 11. Lembre que un bo contrasinal debería incluir unha combinación de letras e números.