[02/03/2016] - Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións entre titulares

2 de marzo de 2016


Publicados na intranet xudicial novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 2 de marzo de 2016.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II, facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación (só accesible dende o posto de traballo)


AVISOS


Substitucións entre titulares:

o Puntos quinto e sexto da Resolución do 07/05/08 DOG 15/05/08
o Anticipar por fax: núm. 981 54 62 22
o Modelo: Anexo II



A CORUÑA

XDO. 1ª INSTANCIA NÚM. 2 – SANTIAGO DE COMPOSTELA
Corpo: Xestión procesual e administrativa
Prazo: 02,03 e 04 de marzo de 2016
Motivo: Cambio de situación administrativa



LUGO

DECANATO. SERVIZO COMÚN DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS - LUGO
Corpo: Tramitación procesual e administrativa
Prazo: 02,03 e 04 de marzo de 2016
Motivo: Liberación sindical



PONTEVEDRA

DECANATO. SERVIZO COMÚN DE APOIO - VIGO
Corpo: Tramitación procesual e administrativa
Prazo: 02,03 e 04 de marzo de 2016
Motivo: Comisión de servizos


DECANATO. SERVIZO COMÚN DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS - VIGO
Corpo: Auxilio xudicial
Prazo: 02,03 e 04 de marzo de 2016
Motivo: Vacante