[04/07/2016] - Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións entre titulares

4 de xullo de 2016

Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 4 de xullo de 2016.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación. (só accesible dende o posto de traballo)

Publicación substitucións entre titulares

Puntos quinto e sexto da Resolución do 07/05/08 DOG 15/05/08

Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non sendo posible a súa cobertura por persoal do órgano, procédese á publicación das seguintes prazas:

Prazo de presentación de solicitudes: 4, 5 e 6 de xullo

Órgano xudicial da desocupación: Xdo. 1ª Instancia e Instrucción n. 1 - Viveiro

Motivo da desocupación: Licenza por enfermidade Corpo: CTPA


Mentras que non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán de ser cubertas conforme ao anexo II bis e remitidas por algunha das seguintes canles:

Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.es

Fax: 981546222


A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado, e non deberá achegarse a documentación coa petición, xa que de ser precisa será requerida pola Dirección Xeral.