A XUNTA CONSIDÉRANOS DELINCUENTES SANITARIOS !!!

13 de setembro de 2016


O Director de Función Publica “recoñeceu” na reunión de hoxe que non aceptaba incluír as enfermidades do R.D.2210/1995 (Gripe, Sarampelo, Hepatite...) porque dubida da veracidade de moitas das baixas presentadas polos traballadores.

Tamén recoñeceu que esperan un estudo para saber canto diñeiro aforran ao descontar aos traballadores que están de baixa, e sobre todo canto aforran por ir os traballadores enfermos a traballar.

A XUNTA DE GALICIA QUERE FACERNOS COMULGAR CON RODAS DE MUIÑOS E QUE ACEPTEMOS:


  • Que Juan José Martín, Director Xeral e Letrado da Administración de Xustiza, os Funcionari@s do Ministerio de Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados, Letrados e Fiscais NON TEÑAN descontos por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995; Gripe, Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela, Infección polo Virus de la Inmunodeficiencia Humana/Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (VIH/SIDA), Legionelosis, etc. e así ata alcanzar 60 enfermidades de declaración obrigatoria segundo o Ministerio de Sanidade.
  • Que Juan José Martín, Director Xeral e Letrado da Administración de Xustiza, os Funcionari@s do Ministerio de Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados, Letrados e Fiscais NON TEÑAN descontos por procesos oncolóxicos que non conleven tratamento.
  • Que Juan José Martín, ..... NON TEÑAN descontos polos procesos de incapacidade temporal iniciados durante os tratamento mediante técnicas de reprodución asistida.
  • Que Juan José Martín, ........ NON TEÑAN descontos pola interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre de xestación por indución farmacolóxica.
  • E que @s funcionari@s da XUSTIZA GALEGA por esas mesmas enfermidades ou procesos suframos o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€/dia,aprox.) e o 25% do 4º ó 20º día (15€/día,aprox.).
Ante esta Tomadura de Pelo o próximo xoves, comezamos as distintas mobilizacións cunha rolda de prensa cos principais partidos políticos galegos na Coruña, para denunciar a situación da Xustiza Galega.

Nos próximos días comunicaremos as datas das Concentracións nas principais cidades galegas

Galicia ,12-09-16

A Xunta considéranos delincuentes sanitarios
preme na imaxe para ampliar