O pasado mércores 19 de abril publicouse a oferta de prazas para interinos, e como xa vén sendo habitual as prazas da provincia de Ourense non se ofertan.
O luns 18 de Abril solicitouse interino do corpo de tramitación para a Fiscalía de Menores. Pola súa banda a letrada do Decanato o día 19 de Abril fixo o propio solicitando un interino do corpo de tramitación para a oficina de Atención ao Cidadán.
Desgraciadamente coma sempre, a Xunta ignora completamente as necesidades dos xulgados ourensáns, “saltándose á toureira” o art. 20 da ORDE do 28 de Novembro de 2013 sobre selección e nomeamento de interinos que dispón a obrigación de ofertar as prazas cada mércores, prexudicando con iso a colectivos tan sensibles como menores e atrasando considerablemente a atención ao cidadán.
Por todo iso, dende AXG-CUT ESIXIMOS que se oferten a INTERINOS de TRAMITACIÓN as prazas DE:
- FISCALÍA DE MENORES E
- ATENCIÓN AO CIDADÁN.
En Ourense a 21 abril de 2017