Dende Alternativas na Xustiza-CUT tivemos coñecemento que entre responsables da Fiscalía da CORUÑA e PONTEVEDRA coa Dirección Xeral de Xustiza (DXX), están a confeccionar un manual de funcións ás costas dos Sindicatos e os traballadores para os corpos de Xestión e Tramitación Procesual e Administrativa así como os de Auxilio Xudicial, todos eles destinados como dixemos na Fiscalía.
Adiantamos que, de confirmarse, este tipo de formas de actuar, dignas de réximes pasados, pero moi habituais na Xunta de Galicia, dende AXG-CUT denunciaremos nos tribunais a falta de negociación coas centrais sindicais.
Tamén avanzamos que tampouco imos permitir que na Mesa de Negociación se presente un manual de funcións negociado entre bastidores por Responsables da Fiscalía, institución que nestes días non pasa polos seus mellores momentos) e a propia Dirección Xeral de Xustiza que utiliza ao Sindicato Amarelo para facer o traballo entre os traballadores, e converter a Mesa de Negociación nunha pantomima.
Desde Alternativas na Xustiza-CUT esiximos que se a Dirección Xeral ou a Fiscalía ou ambos pretenden cambiar as condicións laborais dos traballadores, den a cara e negocien. Do contrario AXG-CUT tomará xunto cos traballadores, as medidas de presión que sexan necesarias para impedir o cambio das condicións laborais nas Fiscalías as costas.
Como derradeiro, queremos recordarlle que calquera cambio na organización das Fiscalías ou na Oficina Xudicial as costas dos traballadores e Sindicatos estará abocada ao fracaso.
Galicia, 24 de abril de 2017.