Despois de meses tentando atopar unha vía de solución para a restauración dos libros do rexistro civil de Pontedeume, Alternativas na Xustiza - CUT conseguiuno.
A Dirección Xeral de Xustiza procedeu á adxudicación á empresa CODICE da restauración de 55 libros, que están en lamentable estado, para o próximo mes de setembro. Neste ano restauraranse 30 libros e os 25 restantes en 2018.
O valor histórico dos libros é incalculable ( os máis deteriorados remóntanse ao ano 1870) e son un alicerce básico na historia do municipio.
E como quedarán despois da restauración: