AXG-CUT denuncia o incumprimento do convenio entre Mº do Interior - Xunta de Galicia sobre seguridade nos edificios xudiciais galegos

3 de xullo de 2018



Os cadros de persoal das UVEX (unidades de vixilancia dos edificios xudiciais), contemplados nos convenios de colaboración asinados entre o Ministerio do Interior e a Xunta de Galicia están a ser incumpridos dun xeito reiterado e continuo, mermados e reducidos ata a mínima expresión (a día de hoxe en Ferrol só hai unha persoa) en aras á política de aforro, a deixadez e a falta de responsabilidad da Xunta de Galicia.

Desde ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT ESIXIMOS  que de xeito inmediato se solvente esta situación que está a producir unha situación de inseguridade, non só para os traballadores e traballadoras senón tamén para a ciudadanía

Un servizo público como a Xustiza non pode estar abandonado e marxinado.


PREME PARA AMPLIAR

PREME PARA AMPLIAR