Apenas hai ano e medio que remataron as obras de reforma e restauración da antiga fábrica de tabacos de A Coruña, despois de tres anos de obras e unha inversión de 16 millóns de euros. Inversión que serviu á Xunta para "recortar" en medios materiais para os xulgados galegos, alegando que non había cartos para todo.
Pero esta inversión "faraónica" non foi suficiente para adoptar as medidas necesarias para evitar imprevistos, como as inclemencias meteorológicas de este fin de semana.
Vendo as imaxes das tormentas na cidade de A Coruña o pasado sábado, xa se podía augurar algunha "desfeita" como consecuencia das inundacións e das bolsas de auga que se formaron nas rúas da cidade.
 |
Sede da Fábrica de Tabacos A Coruña (imaxe do sábado 30.6.2018) |
 |
Arquivo xudicial fábrica Tabacos A Coruña |
 |
Arquivo xudicial fábrica Tabacos A Coruña |
 |
Arquivo xudicial fábrica Tabacos A Coruña
|
Etiquetas:
A Coruña
,
Arquivos xudiciais
,
Fábrica de Tabacos