EGAP: xornada Xustiza e dereito en igualdade

29 de agosto de 2018

"Publicado no DOG"


RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2018 pola que se convoca a xornada Xustiza e dereito en igualdade.

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data: 3 de outubro de 2018.

Horario: mañá e tarde.

Duración: 6 horas lectivas.

Número de prazas: limitado pola capacidade do local.

Inscrición: As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través do espazo «área de matrícula» da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 30 de setembro de 2018.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 ata as 14.30 horas, nos teléfonos: 981 54 62 41 - 981 54 62 39.

Destinatarios:Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas de Galicia, tanto de xustiza como autonómica e local, dos entes instrumentais da comunidade autónoma, das universidades do Sistema universitario de Galicia, profesionais do dereito e persoas interesadas en xeral.