Amosando publicacións coa etiqueta DOG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DOG. Amosar todas as publicacións

EGAP; Plan de formación ano 2024

10 de xaneiro de 2024

"publicado no DOG"

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2024

A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.

O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia........

Feitas estas advertencias, resta só sinalar que para acceder ás accións formativas recollidas neste plan, será preciso formalizar matrícula, despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.


EGAP; actividades formativas E-martes

12 de decembro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o rexistro electrónico na Xunta de Galicia.

A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 19 de decembro de 2023 abordará os seguintes contidos: 
Parte teórica e común para os dous grupos de persoas destinatarias: 
– De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica.
Parte práctica para o grupo do persoal empregado público: 
– Chave365.
– Sede electrónica da Xunta de Galicia.
– Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: 
• Intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica).
• Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas). 
• Rexel (recepción electrónica do Sistema único de rexistro). 
• SIR (Sistema de interconexión de rexistros). 
• Notificación por comparecencia espontánea. 
• Expedición de copias electrónicas auténticas.

---

Data: o martes 19 de decembro de 2023. 
Horario: de mañá e tarde.
Modalidade de impartición: presencial. 
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas Cincuenta (50). 
Inscrición 1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 14 de decembro de 2023. Poderá obterse calquera outra información, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

Médicos Forenses; resolución concurso específico

10 de novembro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión da praza vacante de xefe/a de servizo da Área de Clínica Médico-Forense da Subdirección Territorial de Santiago de Compostela no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), convocado pola Resolución do 4 de xullo de 2023.

----

Resolve o concurso específico para a provisión da praza vacante de xefe/a de servizo da Área de Clínica Médico-Forense da Subdirección Territorial de Santiago de Compostela, indicada no anexo, e indicar deserto o dito posto. 

Esta resolución pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnada potestativamente en reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá ser impugnada directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co dispostono artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.


Denominación: xefe/a de servizo da Área de Clínica Médico-Forense. 
Código do posto: XG9251820015770310.03. 
Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Santiago de Compostela. 
Localidade: Santiago de Compostela.

Acción Social; publicación listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas

8 de novembro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
------ 

Aprobar as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante este centro directivo.

E-martes; Certificado de empregado pùblico, selo electrónico, Proxecto Chave 365

6 de novembro de 2023


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.

Contidos:
 
 • Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.

• Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave365. Sala electrónica de sinaturas.

Desenvolvemento 
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: o martes 14 de novembro de 2023. 
Horario: de mañá e tarde. 
Duración: 7 horas lectivas. 
Número de prazas Cincuenta (50). 

 Inscrición 1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

Festas laborais de carácter local 2024

2 de novembro de 2023

"publicado no DOG"




RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2024, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

AX; quenda libre. Relación de prazas no ámbito da C.A. Galicia

16 de outubro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se lles ofrecen ás persoas aprobadas, correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, quenda libre, convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.

ANEXO 1; relación de prazas por orde alfabético que se lles ofrecen ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de auxilio xudicial convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.

As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II desta resolución, de acordo coas seguintes instrucións: 
a) No modelo de instancia poderá relacionarse ata o máximo dos órganos xudiciais ofertados, indicando o órgano, a función, a localidade e a provincia. Coa soa petición dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas ofertadas nel.
b) Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida. 
c) De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das relacionadas na súa instancia por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a destinalo/a, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde alfabética de localidades publicada no Boletín Oficial del Estado. 
Non se poderá anular nin modificar a solicitude unha vez rematado o prazo de presentación destas.

E-martes; Xornada de formación práctica dixital

29 de setembro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas.

A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 10 de outubro de 2023 abordará os seguintes contidos: 
• Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal.
• Notificacións por comparecencia. 
• Identificación dixital (certificados dixitais e Chave). 
• Sede electrónica.

Cuarta. Desenvolvemento. Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 
Data: o martes 10 de outubro de 2023.
Horario: de mañá e tarde. 
Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas Cincuenta (50).

O prazo para a inscrición desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 5 de outubro de 2023.

EGAP; Actividades formativas en competencias dixitais ComDix

25 de setembro de 2023


"publicado no DOG"



Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2023 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia.

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen no anexo II desta resolución.
A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web
 
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 4 de outubro de 2023

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a dúas.

A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria para a matrícula serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>. As dúbidas relativas ao Marco galego de competencias dixitais e ao certificado galego de competencias dixitais en https://competenciasdixitais.xunta.gal/.

Acción Social; corrección de erros

6 de setembro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.


Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.


Segundo. As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante este centro directivo.

Probas Certificados CELGA 2, 3 e 4

4 de setembro de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).
---

Realizar a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4, no ano 2023, con código de procedemento administrativo PL500C. 2.
 
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www. lingua.gal).

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. 
Localidade: Santiago de Compostela; Celga 2 Celga 3 Celga 4 
Localidade: Ponferrada;  Celga 2 Celga 3 Celga 4 

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

EGAP; Curso prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre (básico)

21 de agosto de 2023


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023 pola que se convoca o Curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa os empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de agosto ao 3 de setembro de 2023 desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización

EGAP; Cursos de prevención de riscos laborais (nivel básico)

11 de agosto de 2023


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa: os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. 

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de agosto de 2023

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

EGAP; Corrección de erros.

4 de agosto de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de maio de 2023 pola que se fan públicas as bases e as condicións xerais de participación nas actividades formativas. 

Advertido erro na referida resolución, publicada no DOG número 96, do 23 de maio de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 31136, na disposición derradeira segunda, onde di: «A presente resolución entrará en vigor aos tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «A presente resolución entrará en vigor aos seis meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Concovatoria posto de traballo polo sistema de libre designación

1 de agosto de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; ORDE do 12 de xullo de 2023 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (PR.C99.00.000.36001.010).

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Código do posto: PR.C99.00.000.36001.010. 
Denominación do posto: secretario/a territorial. 
Centro directivo ou dependencia: Delegación Territorial de Pontevedra.
Corpo ou escala: xeral/especial. 
Grupo/subgrupo: A1. Nivel: 30. 
Tipo de adscrición: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas e Administración de xustiza). 
Tipo de adscrición: A12: (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas e Administración local). 
 Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.) . 
 Localidade: Pontevedra.

Tribunal Cualificador da proba de coñecemento da língua galega

26 de xullo de 2023


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023 pola que se constitúe o tribunal que deberá cualificar a proba de coñecemento da lingua galega de todos os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

---

Nomear o tribunal que deberá cualificar a proba de coñecemento do idioma galego de todos os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego publico, coa composición que se relaciona no anexo.


Tribunal titular:
 Presidencia: 
 – Adrián Vázquez Espasandín, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1. 
Secretaría: 
 – María Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1. 
 Vogais: 
 – Xosé Gregorio Ferreiro Fente, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario. 
 – Concepción Armas Quintá, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario. 
 – Javier Fraga Vázquez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1. 

Tribunal suplente: 
 Presidencia: 
 – Luis Río Mosquera, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas. 
Secretaría: 
 – Luz Aguiar Vale, persoal laboral fixo da Comunidade Autónoma de Galicia do grupo I, categoría 004. Vogais: 
 – Olga López López, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario. 
 – Beatriz Corral Sánchez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario. 
 – Fernando Asperilla Pinilla, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Calendario laboral 2024

18 de xullo de 2023


"publicado no DOG"

No día de onte publicouse no DOG; DECRETO 112/2023, do 29 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2024.

Conforme o referido anteriormente, e facendo uso das facultades de opción e substitución, óptase polo 25 de xullo, festa de Santiago Apóstolo, como Día Nacional de Galicia. Por coincidir en domingo o día 8 de decembro, Inmaculada Concepción, substitúese polo día 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Festas laborais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024 De non se producir modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 serán as seguintes: 
1 de xaneiro Aninovo 
6 de xaneiro Epifanía do Señor (Día de Reis)
28 de marzo Xoves Santo 
29 de marzo Venres Santo 
1 de maio Festa do Traballo 
17 de maio Día das Letras Galegas 
25 de xullo Día Nacional de Galicia 
15 de agosto Asunción da Virxe 
12 de outubro Festa Nacional de España 
1 de novembro Todos os Santos 6 de decembro 
Día da Constitución Española 
25 de decembro Natividade do Señor

As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recupera.

EGAP; Programa de autoformación

19 de xuño de 2023


"publicado no DOG"



Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2023 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Todo o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.

A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 1 de xullo de 2023, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

EGAP; Curso Superior de Administración electrónica

13 de xuño de 2023


"publicado no DOG"

Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que convoca o Curso superior de Administración electrónica.

Este curso superior abordará os seguintes contidos: 
• Réxime xurídico dunha Administración dixital.
• Identidade dixital: identificación e sinatura dixitais. 
• Sede electrónica e Carpeta cidadá. 
• Sistema único de rexistro. Canles electrónicas e presenciais. 
• Notificación electrónica.
• Seguridade da Información. Impacto do Regulamento xeral de protección de datos.....

Número de prazas Setenta (70).
O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadren nas seguintes categorías:
Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario. 
Grupos I e II do persoal laboral. No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e da Administración de xustiza.

Eleccións Sindicais 20/06/2023; permisos retribuidos para persoas electoras

7 de xuño de 2023


"publicado no DOG"


Vense de publicar no DOG; RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar as persoas electoras a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 20 de xuño de 2023.

----

Ao persoal funcionario que goce deste permiso poderalle ser exixida unha xustificación da efectividade do acto da votación, que para o efecto solicitará da súa mesa electoral. 

-As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada no mesmo local ou edificio onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinadas poderán dispoñer dun permiso de dúas horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación. 

-As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, onde presten habitualmente os seus servizos ou estean destinadas poderán dispoñer dun permiso de tres horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación.

-As persoas que deban exercer o dereito ao voto nunha mesa electoral situada en localidade distinta da que presten habitualmente os seus servizos ou estean destinadas poderán dispoñer dun permiso de catro horas continuadas durante a xornada laboral para o acto da votación, ou do tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstancias así o impoñan.