Síndrome do edificio enfermo: tamén nos edificios xudiciais galegos

3 de outubro de 2018


Asunto: Os edificios xudiciais “enfermos” por non ter xanelas. 

A situación dos edificios xudiciais galegos foi denunciada en múltiples ocasións por AXG-CUT (arquivos xudiciais, mala ventilación, temperaturas, accidentes laborais....)
Neste caso queremos facer especial incidencia sobre a afectación do Síndrome do edificio enfermo(SEE) nos edificios xudiciais da Coruña, Ourense e unha prevención cara o edificio en plena construción en Pontevedra. 
A OMS define ao SEE (síndrome do edificio enfermo) como o conxunto de molestias e enfermidades ocasionadas pola mala ventilación, a descompensación das temperaturas, as cargas iónicas e electromagnéticas, as partículas en suspensión, os gases e vapores de orixe química e os bioaresoles, entre outros axentes causantes, que presentan os individuos nestes edificios e que non adoitan ir acompañados de ningunha lesión orgánica ou signo físico, diagnosticándose, a miúdo, por exclusión.



Preme para ampliar

Preme para ampliar

Preme para ampliar