AXG-CUT solicita a cobertura por substitución entre titulares da praza de tramitación do Xulgado de Familia 5 de Pontevedra

4 de abril de 2019


Na última oferta de prazas a interin@s de data 3/04/2018 ofértase unha praza do corpo de Tramitación Procesual e Administrativa no Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Pontevedra. Nesa praza atopábase facendo unha substitución vertical unha traballadora que con data 1 de abril pasou a desempeñar un posto de liberada sindical, sendo o seu destino o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Marín como auxilio xudicial. 


Na Resolución de 7 de maio de 2008 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se regulan as substitucións entre funcionarios sinala no seu artigo Primeiro.1:



preme para ampliar

preme para ampliar