Ortigueira: o arquivo "prehistórico", "inseguro" e do que se mofa a DXX

3 de maio de 2019

O arquivo de Ortigueira é o máis semellante a unha casa a medio construir,  e con materiais pésimos: paredes sen recebar, chan en cemento que pode provocar caídas en calquera momento e que, ademáis, pola irregularidade do mesmo, tentar subir a unha escaleira é un peligro seguro. Os estantes están anclados ao chan con escuma e polas fiestras cólase a auga.

Aínda que a avaliación de riscos feita polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais data de hai xa dous anos, o estado é máis que calamitoso: compre que a DXX invirta nos locais onde se atopan os arquivos: humidade, po,..... todos elementos que só contribuen a deteriorar o estado dos expedientes, moitos deles calificados como "históricos" pola súa antigüidade (pois datan de antes de 1945).


PREME PARA AMPLIAR


PREME PARA AMPLIAR

PREME PARA AMPLIAR

 
GALERIA IMAXES ARQUIVOS ORTIGUEIRA