AXG-CUT reclama a actualización da normativa de permisos, licenzas e vacacións e a equiparación con outras CCAA

5 de xuño de 2019

A normativa en vigor de permisos, licenzas e vacacións para o colectivo de xustiza en Galicia data do DOG do 8 de abril de 2009. Dende entón, unha serie de dereitos recoñecidos e adquiridos para @s traballador@s de xeito "extraoficial", provoca que a DXX exerza de forma unilateral as decisións adoptadas sobre estes dereitos. Un dos mellores exemplos son os 7 días de vacacións que se podían disfrutar soltos e acumulalos aos días de asuntos particulares, na normativa "extraoficial" do ano 2013, pero, no 2019 xa foi "revocado" tal dereito. Un novo exemplo de discriminación con respecto á grande maioría de compañeir@s do resto do Estado (unha decisión capciosa e caprichosa da DXX): no territorio Mº, Cataluña ou Asturias non existe a incompatibilidade argumentada elaborada pola DXX. Un novo "CASTIGO" ao noso colectivo por parte de Rueda e os seus acólitos.





Preme para ampliar

Preme para ampliar


Preme para ampliar


Preme para ampliar