
A falta de xulgados exclusivos para a violencia machista en Galicia engade obstáculos no proceso de denuncia.
Os partidos xudiciais de Vigo e A Coruña suman o 26,5% da poboación de Galicia, pero máis do 37% das denuncias por violencia de xénero. As dúas urbes contan dende o ano 2007 cos únicos xulgados específicos de violencia contra a muller, dos que carece o resto do país.
Hai uns meses, coincidindo co Día Internacional contra a Violencia Machista, a xuíza Paz Filgueira destacaba nesta entrevista que "o resto dos partidos xudiciais teñen un xulgado que cumpre esas funcións, pero son funcións compartidas e o ideal sería que tamén fosen incorporando os seus xulgados especializados. E algúns dos xulgados que si existen presentan eivas".
Ligazón á noticia.- Praza.gal
Etiquetas: xulgados de violencia