O esforzo de AXG-CUT por acadar os mesmos dereitos para tódol@s traballador@s na formación dá os seus froitos

20 de setembro de 2019


A presión exercida por AXG-CUT ante a DXX mediante a presentación de escritos consigue que a oferta dos cursos  presenciais de violencia de xénero se faga extensiva ás sete grandes cidades galegas, e non quede limitada de xeito exclusivo a Santiago de Compostela.

Galicia é a quinta comunidade con máis casos activos de violencia de xénero.


"Publicado no DOG"

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2019 pola que se convocan actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

Ligazón ao DOG

Ligazón a EGAP



Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será de oito días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización (2 de outubro). As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

Preme para ampliar
Preme para ampliar