AXG consegue dúas prolongacións de xornadas para violencia de Ourense

7 de novembro de 2019


O 6 de maio de 2019, ALTERNATIVAS NA XUSTIZA presentou un escrito á Dirección Xeral de Xustiza dando conta da penosa situación do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Ourense, á vez que solicitaba dúas prolongacións de xornada para paliar en parte a carga de traballo que este xulgado sofre. 
Tendo en conta que o Xulgado de Ourense é o Xulgado de Violencia máis colapsado de toda Galicia, e cuxo volume en número de ordes de protección supera mesmo ás acordadas por xulgados exclusivos (lembremos que o xulgado de violencia de Ourense non ten competencia exclusiva, polo que funciona tamén como xulgado de Instrución), a medida estaba máis que xustificada.



preme para ampliar