AXG-CUT solicita Mesa de Negociación sobre a casuística do concurso de traslados

11 de decembro de 2019



A principios do ano 2020, seguramente sobre o mes de febreiro, se publicarán os listados definitivos do concurso de traslados convocado polo Ministerio de Xustiza este ano para os funcionari@s dos corpos de Xestión e Tramitación Procesual e Auxilio Xudicial.

A resolución do concurso de traslados, como tódolos anos, xera “algunha casuística” á hora das tomas de posesión e ceses e que por suposto afecta a moit@s traballador@s, tanto titulares coma interinos. 

Para evitar sorpresas e sobre todo para que @s traballador@s poidan organizar as súas vidas, moitas veces con cambio de domicilio incluido, é imprescindible que a Dirección Xeral de Xustiza convoque unha Mesa de Negociación para pechar o máximo posible a “casuística” referida ao concurso de traslados.



Preme para ampliar