AXG-CUT presenta escrito solicitando HOMOXENEIDADE nos chamamentos de interinos en Coruña

18 de setembro de 2020


O control e desenvolvemento das bolsas de interinos provinciais corresponde ás delegacións Territoriais de Xustiza das catro provincias. 

Para garantir unha absoluta transparencia nos chamamentos semanais de interinos, das bolsas ou a través do SPEG, cada Delegación debe comunicar e dar publicidade a estes chamamentos, remitindo ás OOSS a listaxe de interin@s nomeados así como a súa procedencia: ben das bolsas existentes, e formadas a partir da orde do 25 de outubro de 2018, ben a través do Servizo Público de Emprego (órgano ao que se recorre no caso de que non existan candidat@s dispoñibles nas mesmas).

PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR