O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos admite a trámite a demanda da CUT pola prohibición da manifestación do 1º de maio de 2020

16 de novembro de 2021


"publicado en pensa"

A Sección Terceira do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) vén de admitir a tramitación a demanda presentada pola CUT contra o Reino de España por” vulneración dos dereitos contidos nos artigos 10 e 11 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos, sobre dereito á liberdade de expresión e dereito á liberdade de reunión e manifestación pola prohibición da manifestación do 1º de maio de 2020”, segundo informou esta segunda feira a propia central sindical




Esta prohibición dunha caravana de 40 vehículos, que a CUT cualificou no seu día de “hipócrita” pasará agora ao exame da mesa do Tribunal Europeo.