Nota informativa da DXX sobre a aplicación dos novos días por asuntos particulares e vacacións

17 de setembro de 2015

NOTA INFORMATIVA SOBRE A APLICACIÓN DO REAL DECRETO-LEI 10/2015, DO 11 DE SETEMBRO, EN RELACIÓN AOS DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES E DE VACACIÓNS


O Real decreto-lei 10/2015, do 11 de setembro, polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do  Estado e se adoptan outras medidas en materia de emprego público e de estímulo á economía,establece, entre outras disposicións, a  modificación do número de días de permiso por asuntos particulares, o incremento dos días de permiso por asuntos particulares en función da antigüidade e os de vacacións recoñecidos no Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP).

a) Incremento dun día por asuntos particulares


O apartado Dous do artigo 2 do RDL modifica o EBEP (art. 48.k), fixando en 6 o número de días por asuntos particulares ao que ten dereito o persoal acollido no seu ámbito de aplicación.

b) Días adicionais por asuntos particulares en función da antigüidade


O apartado Dous do  artigo 2 do RDL engade así mesmo unha disposición adicional ao EBEP que recolle a posibilidade de que as Administracións Públicas poidan establecer ata 2 días adicionais de permiso por asuntos particulares ao cumprir o sexto trienio, incrementándose, como máximo, nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo. A disposición adicional segunda do RDL á súa vez dispón que será de aplicación na Administración Xeral do Estado.

c) Días adicionais de vacacións en función da antigüidade


O apartado Tres do artigo 2 do RDL, dispón que cada Administración Pública poderá establecer ata un máximo de 4 días adicionais de vacacións en función do tempo de servizos prestados. A disposición adicional terceira do RDL á súa vez dispón que na Administración Xeral do Estado, no suposto de ter completado os días de antigüidade na Administración que se indican, terase dereito a 23 días hábiles (15 anos de servizo), 24 días hábiles (20 anos de servizo), 25 días hábiles (25 anos de servizo), 26 días hábiles (30 ou máis anos de servizo).

Os anteriores días adicionais de vacacións e permisos por asuntos particulares son de aplicación directa ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza, de acordo co disposto nos artigos 502 e 503 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.


  • No caso do sexto día de asuntos particulares xa  se pode solicitar a través da OPAX.


  • No caso dos días adicionais por asuntos particulares en función da antigüidade estase a habilitar no sistema informático a solicitude a través da OPAX.



  • No caso dos días de vacacións en función da antigüidade a aplicación do previsto no RDL 10/2015  no entrará en vigor ata o próximo día 01/10/2015, data de entrada en vigor da reforma da Lei orgánica do poder xudicial, operada pola Lei orgánica 7/2015, do 21 de xullo.


Descargar nota informativa