[27/04/2016] - Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións entre titulares

27 de abril de 2016

Na intranet xudicial publicáronse novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data do 27 de abril de 2016.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por períodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme o modelo anexo II, facendo constar, no espazo dedicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.

Listaxe de prazas


AVISOS


Substitucións entre titulares:

o Puntos quinto e sexto da Resolución do 07/05/08 DOG 15/05/08

o Anticipar por fax: núm. 981 54 62 22

o Modelo: Anexo II




A CORUÑA


XDO. 1ª INSTANCIA NÚM. 12 – A CORUÑA

Corpo: Xestión procesual e administrativa

Prazo: 27, 28 e 29 de abril de 2016

Motivo: Licenza por enfermidade


XDO. INSTRUCIÓN NÚM. 1 – SANTIAGO DE COMPOSTELA

Corpo: Xestión procesual e administrativa

Prazo: : 27, 28 e 29 de abril de 2016

Motivo: Vacante


A información sobre os postos ofertados tamén pode consultarse no documento Avisos de desocupación. (só accesible dende o posto de traballo).