Traxectoria profesional. Nova convocatoria
5 de abril de 2024
"Publicado hoxe no DOGA"
Etiquetas:
Auxilio xudicial
,
Convocatoria
,
Medicos Forenses
,
tramitadores
,
traxectoria profesional
,
Xestores/as
RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que
se dá publicidade ao Acordo acadado o 17 de xaneiro, entre a Xunta
de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF
e CC.OO., para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I
e II da
traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
-A quen vai dirixido? Ao funcionario da
Administración de xustiza en Galicia non incluído nos anteriores acordos e convocatorias
referidas ao ano 2022.
Queda excluído do acceso a este réxime extraordinario o persoal que xa tivese recoñecido algún grao da traxectoria profesional na convocatoria de 2022.
-A solicitude realizarase a través da Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX)
-Prazo de presentación de solicitudes: 30 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no Doga.
-Os efectos económicos serán do 1 de abril de 2024
-Os graos adquiriranse no corpo en
que se teña a condición de funcionario (de carreira ou interino) o día 31 de marzo
de 2024.
Polo tanto, o tempo de servizos prestados con anterioridade a esa data, sexa cal sexa
o vínculo xurídico do/da empregado/a, computarase para os efectos de adquirir o grao no
corpo a que efectivamente se pertenza o día 31 de marzo de 2024.
-En función das dispoñibilidades orzamentarias, o pagamento producirase de maneira progresiva en 3 anualidades, con efectos económicos
do 1 de abril de 2024 e do 1 de xaneiro dos restantes anos, coa distribución que se indica :
-En 2024, o 33 %.
- En 2025, o 66 %
- En 2026, o 100 %.
-O persoal interino percibirá o complemento da traxectoria profesional ata o momento
do cesamento.
De ser nomeado de novo persoal interino nesta Administración, seguirá a
cobrar o grao ou graos que tivese recoñecidos.
Imprimir / Compartir