Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza

4 de mayo de 2016

Xa está dispoñible a nova versión do OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no que se poderá consultar o Expediente persoal electrónico e, se é o caso, solicitar a súa modificación.


OPAX. Pantalla inicial
OPAX. Pantalla inicial (preme na imaxe para ampliar)


OPAX. Pantalla expediente persoal electrónico
OPAX. Pantalla expediente persoal (preme na imaxe para ampliar)


No expediente persoal, poden consultarse os datos persoais, os datos administrativos (Corpo, destinos, escala), titulación académica e cursos de galego, trienios, cursos realizados e destinos desempeñados.


Ligazón ao OPAX


Actualización

Visualización de trienios no expediente electrónico

04/05/2016

Detectado un problema na consulta dos trienios amosada no expediente electrónico, infórmase de que se trata dun erro na súa visualización, sendo correctos os datos manexados na aplicación informática de xustiza.

Iniciados os traballos para resolver a incidencia, informarase a través desta mesma canle no momento no que o problema sexa solventado, polo que non se atenderán as solicitudes de modificación deste apartado ata que os datos amosados sexan os contidos na aplicación.

Publicado na intranet xudicial